O obispo de Valencia: “Quizá es un mal mayor el que sufrimos nosotros que el de los pobres de Haití”
Tralo tremor de terra sufrido en Haití, as palabras do Bispo de Palencia retumban nos miolos de moita xente, cando a noticia se dispara por tódolos medios de comunicación. No titular desta nova podedes ver a cruda realidade deste home que cando menos o que fai é dicir unha auténtica barbaridade para que cada día a xente crea máis nesta xente.
A noticia podédela ver en diversos medios, e porén aquí non nos imos a extender moito, pois agardamos as vosas opinións. Isto, como anécdota, chegou ós meus oídos comendo cuns amigos cando de repente, na televisión poñen esta nova tan esclarecedora. No momento as palabras de todos de cara ó bispo foron de todo menos guapo. Xa vos podedes imaxinar. Pero esas palabras quedaron alí, nunha mesa de comida onde ninguén as podía interpretar nin escoitar. Porén eu quero darvos a oportunidade de opinar sobre estas cousas para que cada un lle diga o que pensa a este home.

Claramente, haberá opinións de tódolos xeitos, e por iso aquí permítise que cada un diga o que pensa, sen máis. Dende a dirección de CaboDeCruz.Net queremos rexeitar claramente as palabras deste home que bota cara un pobo derrumbado. Un pobo que xa antes era unha miseria, agora xa non queda en nada, pois a xente vagando polas rúas, sen luz, auga, alimentos, nenos de sete anos buscando ós pais esmagados e coas tripas fóra nunha cidade marcada polo caos. Isto é unha mostra dalgo que acontece hoxe en día en Haití. É triste pero certo. E agora que veña xente así con estas lerias.
Se entra alguén pertencente ou moi crente no clero e nesas cousas, tamén o animamos a que explique como o noso Señor acaba con esta xente que xa non tiña nada, e agora menos ten aínda.
Bueno, vista a nosa opinión agardamos que a vosa queda tamén reflectida neste medio de comunicación. Agardamos saber a opinión da xente do Cabo da Cruz e de todo o mundo en xeral. E ti qué pensas sobre isto? A nova podédela atopar aquí por exemplo.
Artigos relacionados :
Fai unhas semanas todos quedamos atónitos frente ás nosas pantallas vendo o que lle acontece ...
Fedellando polas entrañas da rede por algo que sabía que existía, finalmente dei co presunto tes ...
Como ben xa se anunciou neste medio de comunicación, agora chegan os feitos ós nosos ollos a ...
Aquí tendes un novo grupo de Facebook no que xa temos un total de 69 seguidores a día de hox ...
[caption id="attachment_1065" align="aligncenter" width="400" caption="Juan Antonio Martínez Cam ...





Esta xente é detestable, o mellor é pasar deles, porque eu creo que ás veces fan declaracións sen pensalo solo para salir na televisión e darlle publicidade á súa secta. Ojalá a Igrexa Católica desaparecese mañá…