O novo goberno da Xunta de Galicia establece por fin os 120 km/h

Falando xa deste tema da nova autovía, e botando unha ollada ó pasado mes de decembro, cabe destacar unha mellora moi agardada por moita xente: a velocidade da nova autovía a 120 km/h. Foi un membro do novo goberno da Xunta de Galicia o que deu a voz á alza para comunicarnos desta nova mellora. Foi Manolo Ruíz, un home que foi conselleiro no goberno de Ribeira de Torres Colomer, e agora membro do Parlamento galego, o que nos dixo e promoveu esta nova.
Foi no mes de decembro cando este home se apresurou a dicir que antes de rematar o ano a nova autovía estaría cunha velocidade superior. Retrasouse un pouco, certo é, pero a verdade é que aínda así cumpriu co prometido (non sempre é así na política) e fixo algo que o anterior goberno non viu, ou mesmo non soubo facer. Agardamos que esta autovía teña os coidados necesarios, as melloras que sexan oportunas e un mantemento correcto, pois é o medio que moitos crucenses empregamos día a día ou semana a semana.
Por exemplo, nun traxecto Cabo de Cruz – Coruña, leva ó pé dunha hora (autopista Padrón – Coruña) e quince minutos (Cabo de Cruz – Padrón), indo sempre a unha velocidade limitada, respetando a sinalización e parando nas peaxes da AP-9. Isto frente á case hora e media que duraba antes coa anterior vía rápida, ou frente á hora e corenta e cinco minutos cando tan só estaba habilitada a carretera vella.
Vemos que unha vía de comunicación boa é un símbolo de prosperidade para toda unha comarca e para a súa xente. É algo fundamental para o desenvolvemento dunha vila coma o Cabo da Cruz. Preguntádelle ós vosos pais e avós canto levaba antes chegar a Santiago de Compostela, por non dicir outros lugares. Pero isto ten que seguir así, ten que perdurar na mente dos nosos políticos e de todos nós para ir sempre cara adiante.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
O Partido Popular galego revelou onte no concello de Isaac Maceiras na Pobra do Caramiñal qu ...
Ó comezo desta obra todos viamos nela algo cheo de melloras e de prosperidade para o Barbanza e ...
Que gran polémica trouxo esta obra... A verdade é que, aínda que non nos afecte coma o muell ...
Este próximo Domingo 18 de Outubro sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 h. da ma ...
Este artigo comeza cunha pregunta clave que a moitos crucenses se nos plantexou algunha vez. ¿Es ...


