Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
11

O goberno fai oidos xordos ós nosos enfermos

ambulancia

Unha vez máis quero ser a voz desta veciña do Cabo da Cruz, Mary Hermo, que segue tendo as mesmas contestacións absurdas por parte da consellería de sanidade deste goberno. Eu nada mais me limito a poñervos o que ela quer dicir e non ten como facer que a escoiten. Por iso aquí, Mary e todo o mundo que se queira expresar de forma educada, sen faltar é respecto como fai esta nosa veciña, pode facelo sen problema. Xa sabedes que se tendes algo que contarnos, algo que facer público ou que simplemente queirades que se sepa, contactade connosco que vos axudaremos no posible. En vez de ir ó Diario de Patricia, podedes poñelo tamén aquí, sen gastar tanto… Aquí as verbas de Mary Hermo:

»  Non hai abusos por parte dos enfermos, quen da o visto bo é a DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS DE A CORUÑA neste caso, a min deronme o visto bo para ir mañan a miña cita no Hospital Clínico de Santiago e a empresa concesionaria EGARA non me vai trasladar dado que dende o SERGAS NON LLE DERON NINGÚN TIPO DE DIRECTRIZ DE A QUEN TEN QUE LEVAR E A QUEN TEN QUE DEIXAR NA CASA, ASÍ QUE A EMPRESA VAISE LIMITAR A ESOS 130 ENFERMOS QUE SERÁN OS PRIMEIROS DUNHA LISTA DE MÁIS DE 200 ACEPTADOS QUE LLES ENVIOU A DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS.
Coma o meu caso hai outros, un veciño de Abanqueiro que ten amputadas as dúas pernas e ten unha gran obesidade tamén ten que ir mañan a Santiago e vai ter que quedar na casa.
Espero que a CONSELLEIRA NON VOLVA DICIR QUE SE PRODUCEN ABUSOS, POR QUE OS ABUSOS ESTÁ A FACELOS ELA CON TODO ESTO QUE ESTÁ A FACER.
Ante todo darte as gracias polo interese que estás a mostrar por este tema de vital importancia para todas as persoas que coma min se están a quedar na casa apesares de que teñen o visto bo da Dirección Provincial do Sergas para o seu traslado en ambulancia.
A empresa comunicoume que non ían poder trasladarme dado que estiveran esperando ata a última hora para ver se dende o Sergas lle daban algunha maneira para non ser a empresa a que tivera que decidir a quen trasladaba ou a quen non, pero dende o Sergas o mutismo é total e semella que os enfermos somos persoas de terceira e non temos dereito a nada, e como se nos quixesen quitar do medio para non ter que pagarnos as miseras pensións que nin nos chegan para poder comer.
Esta mesma tarde chamoume JOSE ANGEL YAÑEZ HERMO que é de Abanqueiro e que ten amputación das dúas pernas, problemas respiratorios e obesidade morbida, este home atopase na mesma situación que min, que vai quedar na casa sen poder acudir a súa consulta que ten para mañan ás 13:15 horas no HCU de Santiago.
Dende aquí quero que sigas dandolle publicidade ao tema xunto co meu número de telefono para que se poñan en contacto comigo e poder reunirnos todos os afectados e plantarlle cara a esta situación provocada pola Consellería de Sanidade e a falla de previsión do aumento importante de enfermos que precisan deste tipo de transporte. E que como sempre nos pagamos o pato.
Quero recoller o número máximo de firmas para solicitar a comparecencia da Conselleira de Sanidade ante o Parlamento e ao mesmo tempo solicito que me pida desculpas públicamente polos daños tanto na miña saúde se teño que perder as miñas citas médicas, como polos gastos ocasionados e os daños morais que son máis dos que calquera se pode imaginar, dado que me vexo envolta nunha situación que semella rocambolesca pero que por desgraza é real, e como min hai moita máis xente que está a sufrir o mesmo.
Hoxe mesmo xa despediron a dous traballadores da empresa, un deles coñezo persoalmente i é bo traballador e cumplidor e sempre con bo trato cara os enfermos que trasladaba.
Nos tempos de crise este governo decide solucionalo como todos, pagando o pato sempre os mesmos, nós os enfermos que corremos risco de exclusión social, que non cobramos como cobraría un alto cargo da Xunta, que dependemos de terceiras persoas para que nos axuden a levar unha vida o máis normalizada posible, pero por riba quitannos algo tan básico como é a saúde, unha saúde xa precaria e que depende de tratamentos en moitos casos invasivos, empobrecendonos en todos os aspectos e facendo que nos volvamos tolos para buscar algún medio para acudir as nosas citas sanitarias das que depende a nosa saúde, semella que nos están prohibindo ir ó médico, e como se nos quitasen o médico pois senón temos en que ir e igual que quitarnolo. «

Como podedes ver, as ideas son claras e concisas, e non só Mary Hermo é a que se queixa disto, senón que hai xente que se anima a facelo, e outra moita que non o fai porque non o sabe, ou porque non lle importa. Dende aquí quixera pedirlle á redacción do xornal Certo, que sei que nos len de cando en vez que tome nota destas testemuñas para facer disto algo que non pode seguir así. Pídolle a toda aquela persoa que teña a posibilidade de darlle auxe a este tema tan importante que o faga, porque lembrade, que no día de mañá podemos ser nós os que esteamos nunha cadeira de rodas e precisemos destes servizos inexistentes.

Agardo a colaboración total da xente!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: