Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
01

O goberno da Xunta establecerá a velocidade da autovía da Barbanza a 120 uniformemente

Sinal

O Partido Popular galego revelou onte no concello de Isaac Maceiras na Pobra do Caramiñal que neste ano do que tan só lle queda un mes, a autovía da Barbanza establecerá unha velocidade uniforme de cento vinte quilómetros por hora. O popular Manuel Ruíz escoitou ós concellos e ós compoñentes de Arousa Norte que xa levaban tempo reclamando esta medida. Hai algunhas obras xa en execución que se están levando a cabo para que o vial goce de máis seguridade e que se poida adoptar esta medida sen correr risco algún. Tamén as sinais de recomendación da velocidade faranse ver para que haxa unha certa prudencia por parte dos conductores en determinados tramos.

Este anuncio fíxose público no día de onte cando o grupo de parlamentarios do Partido Popular de Galicia se xuntaron nun almorzo con máis de setenta representantes de diversos ámbitos como a educación, a política, a cultura, a economía e outros ámbitos da nosa comarca do Barbanza.

 Agárdase que pouco a pouco e dunha vez por todas poidamos disfrutar dunhas comunicacións seguras, eficaces e que lle traian todo o dinamismo á nosa comarca para que así poidamos medrar entre todos, pois a duración do traxecto a Santiago de Compostela verase reducida considerablemente, así coma a outros puntos próximos da xeografía galega.

Sabia e grande decisión do PP galego do que se agarda que teña sempre presente o potencial da nosa comarca e o importante que son para nós as medidas deste tipo.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: