Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
05

O galego da dictadura franquista

Temos a día de hoxe na Casa da Cultura de Boiro unha exposición documental sobre o noso idioma galego nas épocas difíciles da dictadura franquista. Os que se acheguen poderán ver testemuñas textuais e gráficas dos nosos intelectuais, de xente que foi asasinada, represaliada e xulgada naqueles tempos tan só por falar o galego. Esta exposición estará ata o 15 de novembro.

A represión lingüística

A represión lingüística

Polo título de «Crónicas da represión lingüística. Galicia 1936″ coñécese esta recopilación de información que achegou o departamento de Normalización Lingüística da Coruña. As citas dos insignes galeguistas como foron Castelao, Manuel Murguía ou Alfredo Brañas entre outros persoeiros políticos e docentes destacados da época móstrannos a persecución e represión das liberdades inexistentes naqueles tempos. Moitos deles tiveron que irse da súa terra, e os que non tiveron tanta sorte foron asasinados por tan só unha cousa: pensar distinto.

Hai tamén referencias a textos coma Sempre en Galiza de Castelao coma «A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementres fale un idioma diferente do castelán» e relatos coma os do mestre Raimundo Cal, detido durante a represión, ou vivencias contadas por Eva Palmeiro onde nos relata o asasinato do seu avó. Pódense ollar afirmacións da xente que fai corenta anos sinala que: «falar en galego era pasar a estar fichado pola policía». Isto a verdade é que é bastante duro lelo, pois os autores desta páxina, tempo atrás xa estariamos na cadea por facer público un medio de comunicación en galego. Por sorte, os tempos cambian.

Ata dentro de dez días estará toda esta obra, mostra e recollida de datos na Casa da Cultura de Boiro onde poderedes atopar todo iso que se viviu na Galicia daqueles anos en terras coma a nosa, coma no Cabo da Cruz. Unha moi boa lectura sobre todo isto é a novela Coiteladas na alma, de Xosé Plácido Betanzos, a cal xa foi mostrada nesta web, que nos narra a historia dunha familia daqueles tempos contada por un autor que do tema sabe bastante polas crónicas dos seus familiares.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Certo

    «Os libros arden mal», de Manolo Rivas, tamén fala destes episodios. Librazo.
    Temos varias imaxes sobre esta exposición no noso Flickr. Hai algunha impactante (polo texto), como esta na que o que mete medo é Giménez Caballero:
    http://www.flickr.com/photos/certo/3562969886/

  • Xoan

    A verdade é que me parece bastante forte iso, pero de tódolos xeitos alégrame que todo isto xa pasara e agardo que nunca voltemos a todo iso… Pero o que nunca debemos esquecer é o que pasou, xa que ignoralo e esquecelo pode provocar que volva, senón recoméndovos unha película que me encantou: La Ola.
    En vez de coa guerra civil trata do sentimento dictatorial nazi dun instituto de hoxe en día. Ahí queda a anotación, non ten desperdicio…
    Un saúdo a todos e ós amigos de certo que sempre nos louban con boa información!