Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mar
23

O equipo de fútbol do Cabo da Cruz: campión de liga

uefa-champions-league-trophy

De sorte estamos no Cabo da Cruz vendo como o noso deporte se consolida cada vez máis, sexa co remo, co piragüismo, co fútbol… Pero a verdade é que en deporte temos moito que dicir en tódolos ámbitos. Porén, o día de hoxe é de parabéns para o fútbol crucense.

Dende os comezos desta tempada, os de Juancho xa daban cadras do seu enorme potencial e tamén das súas gañas de levarse o título no peto. Faltando así algúns partidos para que a tempada ligueira dea punto, os xogadores e todo o equipo xa se proclamaron campións absolutos gañando ese punto que os separaba da victoria.

Foi moito o esforzo plantexado pola entidade para chegar a onde están a día de hoxe e os méritos fanse ver nas facianas dos xogadores. Ó final deste túnel agardaos o ascenso a unha división superior onde se deberán medir a equipos dun nivel axeitado ó seu xogo e onde terán que poñer toda a tallada no asador.

Agardamos tamén que a entidade futbolística sexa quen de manter as fichaxes de ámbito internacional que tivo para este ano. Pois os reforzos sempre veñen ben e márcanse con xogadores coma Crisitian, Maicon, Siti, Babaká, etc. Á parte tamén dos xogadores de orixe local como algún chegado dende Rianxo, Boiro, Runs e arredores. O ideal para un clube ascendido recentemente sería ter unha canteira ou filial que fose quen de aguantarlle á xente, pero dadas as circunstancias e os ventos que sopran dende a directiva, que o B xa non vai estar para o ano que ven.

Sen máis, dende CaboDeCruz.Net agardamos que disfrutedes da vosa victoria, da vosa liga e de todo o que vos ven por diante. Ánimo!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: