Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mar
07

O concello suprime os antigos badéns

minibadén1Bueno como vemos, o tema dos badéns é bastante delicado entre a xente do Cabo da Cruz e vémolo con diversas opinións entre a comunidade de usuarios e visitantes de CaboDeCruz.Net. Alégranos que a xente deixe a súa opinión e que lles guste a web como nos dixeron algúns visitantes. Porén, para a miña sorpresa, esta semana os minibadéns que había antes, os que eran de plástico duro (ben sexa goma, caucho, etc.) pois xa non estaban nas nosas carreteras.

Daquela quixera tamén informarvos do que está a acontecer nas estradas. Isto nótase en dous sitios: en frente ó ambulatorio do Saltiño e tamén en frente de onde era a antiga oficina de emprego, en Praia Xardín. Porén, os que estades en contra de ditos badéns, este é un motivo a favor a ter en conta aínda que haxa os grandes de adoquíns. Pero bueno, Roma non se fixo en dous días. E para os que queredes badéns, estade tranquilos que aínda queda algún que outro sen facer como pode ser en Xión.

Vemos tamén que se fala de moitas cousas positivas (depende para quen) para o Cabo da Cruz, como pode ser a instalación dun carril bici que una Boiro co Cabo da Cruz e Carragueiros como ben dixo o amigo Pablo Chouza. Son pequenas cousas que dotarían ó Cabo de melloras pequenas, pero que lle darían outra imaxe á nosa vila.

minibadén

MiniBadén

Sen esquecer tamén o tema da accesibilidade para xente coma Mary Hermo, unha crucense que desgraciadamente está en cadeira de rodas, pero que sempre ten un intre para achegarse á web e deixarnos a súa opinión. Así que o goberno que tome nota destas pequenas cousas que farían do Cabo un lugar un pouco mellor.

Pois como é dito aquí queda esta nova da supresión dos pequenos badéns. Pero quixera tamén puntualizar unha pequena pincelada, e non me chamedes tiquismiquis. Se houbese por ahí un puñado de asfalto para botar no sitio que estaban estes badéns, pois millor, porque ó estar algo enterrados no asfalto, o que antes era badén, agora é bache. Pero bueno, eu non me quero meter nestes temas, porén o deixo para os foreiros.

No obstante, o maior desexo e beneficio para os crucenses e para a nosa vila é que tanto concello coma a meirande parte dos veciños cheguemos todos a un acordo ou punto en común, tanto para badéns coma para calquera outro tema. Agradecer tamén a todos os que nos dades voz por ahí como poden ser os amigos do Xornal Certo, que coas súas publicacións fan que moita xente nos coñeza.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: