Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
05

O Concello de Boiro troca o rumbo da limpeza de praias

praia-carragueiros

A limpeza das praias foi un tema concurrido en Boiro este ano. O mal tempo e a chegada de sargazos fixo que os areais precisasen dunha maior atención. As praias do concello que máis mimo requiren son as de Barraña, Mañóns e Carragueiros, xa que son as máis concurridas polos bañistas. O edil de medio ambiente afirmou que iso foi cuestión da empresa contratada nun principio, xa que non xuntaba a maquinaria precisa para realizar o traballo, e tiveron que botar man doutra nova empresa.

O novo rumbo do concello vai ser deixar a primeira empresa para que se encargue de manter limpos os areais máis pequenos, deixando os de maior calado para esta nova empresa que fai uso dunha maquinaria axeitada para rematar a tempo os traballos, antes de que volten xurdir novas queixas.

O encargado do medio ambiente boirense, quixo apuntar dúas cousas: que este verán foi un tanto negativo pola chegada masiva de algas ós areais, xa que o mar non daba feito a remover o solo e axudar á limpa, e outra que as axudas para a limpeza das nosas praias chegan en pleno verán cando xa hai que ter á xente en disposición de traballo para que todo estea dentro dos límites da normalidade. Aproxímase que o concello invirte en limpeza de praias cada ano, ó redor duns 100.000 euros, cousa que ante esta situación, o orzamento non se ve aumentado e hai que xogar coas cartas que toquen.

Por outra banda, os comentarios que reflicten na nosa vila son as actuacións de Costas en canto ó levantamento do paseo de Carragueiros. Dende o concello pensaban que serían uns traballos de pouco tempo, cando os feitos se prolongaron algo máis do esperado, ainda que a obra non se ve parada pola presencia dos traballadores que lle darán fin a estes comentarios.

Fonte: La Voz de Galicia




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: