O Concello de Boiro adianta a limpeza das prias por mor do bo tempo

Coa xa entrada do verán deste 2010, o bo tempo axuda a que moita xente, de fóra e de Cabo de Cruz se anime a achegarse ós areais da zona para tomar o sol ou mesmo botarse ó mar. Por culpa disto, o Concello de Boiro está xa a levar a cabo as tarefas de limpeza das praias a través da contratación dunha empresa que se fará cargo ata o día 7 de xullo.
A praia de Barraña foi o primeiro punto de encontro dos operarios á altura da desembocadura do río Coroño. As vindeiras actuacións serán en: Carragueiros, A Retorta, Mañóns e a Ribeira Grande. A limpeza preseguirá por outras praias menos importantes como poden ser: Triñáns, Ribademar, a Ladeira, Praia do Porto de Escarabote, Peralto e as calas que hai dende Estivada ata a punta de Neixón.
O 7 de xullo é a data clave na que o concello contratará as cuadrillas de limpeza que o farán ó longo dos meses de verán. Tamén anunciaron que pretenden ter ó pé dunhas vinte persoas encargadas das tarefas de limpeza entre contratados e persoal do concello contratado a través de subvencións da Ditupación e da Xunta.
Tamén se teñen en conta os accesos ás zonas de baño para que estean limpos e transitables coma na Praia do Porto de Ferreiros na zona de Cespón. Trátase dunha pequena cala empregada por algúns veciños que se achegan ó mar dende as súas casas.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A limpeza das praias foi un tema concurrido en Boiro este ano. O mal tempo e a chegada de sarg ...
Entre o 2010 e o 2012, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto inv ...
O fortes ventos que levan azoutando a nosa vila obrigaron ó Grumir de Boiro a intervir en di ...
Hoxe comezamos a sección foto denuncia cunha imaxe dunha praia crucense. Neste caso é a Ribe ...
Os furtivos poñen son diarios nas praias traballadas polos mariscadores de Cabo de Cruz onde alg ...


