Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
21

O Club de Remo Cabo de Cruz precisa Cartos

Club de RemoA pesares de que o Club de Remo xa ten web propia, non está de máis mostrarlle ó mundo que esta entidade leva en Cabo moitos anos, e na meirande parte deles dándonos alegrías e felicidade ós crucenses.

Este deporte, é, por dicilo dalgún xeito, o deporte rei da nosa vila, xa que temos a todos uns campións en distintas competicións que cada ano sufren máis e máis para acadar os obxetivos a cumprir.

Sempre se dixo que os cartos non dan a felicidade, pero como todo o mundo sabe, axudan e moito. Este ano, os nosos remeiros non tiveron a oportunidade de estar na liga das estrelas do remo por unha causa, entre outras moitas, de cartos.

Foi esta semana cando nun programa da TVG, saíron os clubs de remo de Galicia, reivindicando e pedindo os cartos que fan falta para estar ahí, no máis alto deste deporte, no País Vasco. O problema é que nesa liga, a meirande parte das regatas teñen lugar en Bilbao, e nas distintas rexións do País Vasco, cando só catro competicións se celebran en Galicia.

Isto supón que os nosos remeiros deben dispor duns medios de trasporte propios, dunha estancia fóra das súas casas, dunhas dietas e por encima de todo do ánimo que hai que ter para facer o que estes homes fixeron, fan e farán.

Dende aquí quixera pedirlle a quen sexa oportuno, que promovan, que promocionen o deporte galego, xa que cos cartos que invertiu o Real Madrid nas súas fichaxes deste ano, o noso deporte, un deporte de élite coma o fútbol de 1ª División, podería chegar a ser algo que perdurase moitísimos anos grazas á colaboración destas cantidades que para uns son catro patacóns, e para outros son auténticos seguros de supervivencia.

Sen máis, quero darlle moito ánimo ós compoñentes do Club de Remo Cabo de Cruz para que sigan coma sempre, ahí, no máis alto e arrasando con todo.

¿E vos que opinades? Qué é o que se nos merecen estes campións?




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Clube de Remo, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: