O camiño da Loureira
Fai uns días estiven falando con Pablo Chouza, cousa que sobran as palabras para saber quen é este mozo do mítico bar «O Codillo». Pedinlle se podía colaborar dalgún xeito con esta web e mandoume unhas ligazóns bastante interesantes a uns traballos del e mais do seu irmán Toño Chouza. Aquí vos deixo un enlace a unha curtametraxe feita por estes dous irmáns do Cabo da Cruz. Sen máis: O camiño da Loureira.
Aquí podedes ver a dúas persoas do Cabo da Cruz. Eu coñezo ó home que é o señor Ramón Revira, en paz descanse. Foi un home que tiña unha vitalidade increíble a pesares da súa idade. Conservaba tamén unha memoria e un recordo do pasado digno dunha enciclopedia histórica. E o mellor de todo, a elaboración da súa caña de herbas, ahí si que lle daba ben este home.
Decidin persoalmente poñer este video en homenaxe á xente do Cabo da Cruz. Lamento non coñcer á muller que sae no filme (aínda que me soa bastante), pero iso déixoo coma unha tarefa para os nosos lectores, e tamén para ver si nos poden aportar algo desta muller para poder completar esta pequena descripción dos actores.
Sempre é de agradecerlle ós nosos lectores e colaboradores a información que nos dades, de feito non tardou moito en chegarnos un mail ás nosas dependencias de parte do amigo Suso Marañas dicindo que a muller deste video é a sogra de «Juan o negro» do Corviño. Certo é que a podemos ver todos nos días de sol sentada á porta e se non me trabuco xogando unha partiña ás cartas, ¿Pode ser?
Agradecer tamén ós irmáns Chouza esta labor e tamén que nos cedesen os seus traballos para poder disfrutar todos deles. Agardamos que sigades así co voso traballo e tamén agardamos poder vervos aquí de por sempre. Gracias pola vosa colaboración!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Aquí un video sobre unha moza, según din de Segovia, que está lavando o seu coche nun lavado a p ...
Fozañando pola rede e buscando cousas interesantes quixera mostrarvos un video sobre o antigo ed ...
E unha de humor para que non falte. Video non recomendado para menores de trece anos. Un home re ...
Nestes días demos outra marea polas redes de Youtube e atopamos algo sorprendente que non escoit ...
Aquí tendes un video sacado das arcas do YouTube. Este filme foi creado no ano 1998, segundo a i ...



Pingback: Toño Chouza rompe moldes no estranxeiro