O Cabo de Cruz A, acaricia o título de Liga a falta dun partido menos
Faltan tres xornadas para o remate da tempada de liga do grupo da Barbanza da Terceira Autonómica. Con nove puntos distantes do segundo clasificado e un partido menos, o escadrón de Juancho roza o título de campión tras derrotar ó Sálvora na Fieiteira gracias a un tanto establecido por Maicon.
Segundo sinalaron os locais, na xogada do gol no minuto 12, o xogador do Cabo de Cruz seguio co xogo cando dous xogadores estaban tentidos no céspede tres un choque entre eles. O adestrador, Juancho, non se quixo pronunciar sobre o polémico gol e limitouse a afirmar que a formación ribeirense mantivo un maior dominio territorial, pero sen ocasións claras de gol. Comentar tamén que Roberto e Artola enviaron dous balóns ó pau e que o local Coira foi expulsado no minuto 85.
Sendo así, o noso equipo marca a diferencia co segundo clasificado e crea un bo colchón de cara ó remate da liga. Agardamos que se as cousas continúan así, dentro de dous ou tres domingos, o Cabo de Cruz A, se proclame vencedor do campionato.
E para que vexades o preto que están do título, aquí vos queda a clasificación e mailos resultados dos últimos partidos:
Artigos relacionados :
Nesta nova xornada, o Cabo da Cruz vóltanos deixar un bo sabor de boca ó imporse ó equipo ribeir ...
Os do Cabo da Cruz A, si que fixeron os deberes en terreo do Cures no campo de Pomardorrío cando ...
Os equipos do Cabo da Cruz e mais o Sálvora, son os únicos que están aínda invictos no torne ...
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
Novo fiasco en terras crucenses para o noso equipo, despois dunha derrota por tres a cero ante o ...




