O Cabo da Cruz márcase un fútbol invicto na Liga

Os equipos do Cabo da Cruz e mais o Sálvora, son os únicos que están aínda invictos no torneo de Liga. Tres partidos van no campionato onde os crucenses non coñecen a derrota. No último partido, fronte ó Crocha pobrense, impuxéronse os locais por un resultado de 3 – 2, pese a que xogaron parte do encontro con dous homes menos trala expulsión de Moncho, e a doble cartulina de Siti.
Este encontro foi do máis igualado, xa que os do Crocha non tiraron a toalla en ningún momento pese á artillería crucense. Estrearon o luminoso os da Pobra no minuto 15 a través de Pibe, pero a resposta local non se fixo agardar cando dez minutos despois Moncho establecía o empate. Pouco despois este xogador quedaba no vestiario trala súa expulsión quedando así o Cabo da Cruz con dez homes. Trala situación, o mister pechou liñas e reorganizou o equipo deixando un só atacante. Tan ben lle saiu a táctica que en menos de vinte minutos Siti e Maicon conectaron dous goles que lles serviron ó Cabo para levarse un encontro nada fácil. Posteriormente o xogador do Crocha,Pivan, recortou diferenzas no encontro anotando o tres a dous final do encontro.
Agardemos que os nosos futbolistas sigan nesta liña e tomen exemplo tamén do Clube de Remo, onde fútbol e remo son os deportes estrela da nosa vila, entre outros que non teñen tanta expectación, pero que de contado a var a ter.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
No partido do domingo frente ó Cruido, os crucenses voltaron a impoñerse neste novo encontro ...
Nesta nova xornada, o Cabo da Cruz vóltanos deixar un bo sabor de boca ó imporse ó equipo ribeir ...
Os do Cabo da Cruz A, si que fixeron os deberes en terreo do Cures no campo de Pomardorrío cando ...
Tarde agradable de sol que cubría o estadio de Valiño cando se enfrontaron os dous equipos da bi ...
Faltan tres xornadas para o remate da tempada de liga do grupo da Barbanza da Terceira Autonómic ...


