O BNG de Boiro a favor das melloras na seguridade vial
Como nesta web non queremos que isto teña só unha cara da moeda, os amigos do Xornal Certo na súa nova, déronnos permiso para acceder a esta información que se vos mostra. Agardo comprensión por parte de todos, xa que aquí todos temos cabida: concello, veciños, entidades, etc. Animo tamén ó persoal do concello a que contacte con nós para poñer aquí a información que queiran. Así teremos aquí un punto de encontro para todos. Aquí queda:
O Consello Local do BNG de Boiro respalda as actuacións realizadas polo goberno municipal para a mellora da seguridade e da accesibilidade dos viais.
Sen ánimo de entrar en discusións estériles desde o BNG consideramos que as medidas adoptadas polo goberno de Boiro, consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores despois de que se teña constatado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade pola que se circula nalgúns tramos do noso viario, coa conseguinte perigosidade para nenos, anciáns e habitantes da nosa vila.
Ninguén dubida que, cos novos pasos elevados, a velocidade de circulación dos vehículos reducirase, os pasos de peóns serán máis visíbeis e seguros e, ao mesmo tempo, facilitarase a accesibilidade das persoas maiores e dos diminuídos no habitual desenvolvemento das súas vidas. Os pasos de peóns serven de medida disuasoria e preventiva, tanto para condutores imprudentes como para posíbeis distraccións ao volante.
Finalmente, trátase dunha medida probada en países europeus, así como en moitos concellos próximos como Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, a Illa de Arousa, a Estrada, o Carballiño, etc., nos que se demostrou que esta actuacion é efectiva, ademais de non ser recadatoria. Despois dun accidente non vale de nada por multas, xa fose por imprudencia ou por exceso de velocidade, senón que é mellor previr e evitar así atropelos. Sabemos que é unha medida que afecta a todos incluso ás persoas que circulan civilizadamente, pero se así somos capaces de salvar unha soa vítima vale a pena.
Desde o BNG estamos seguros de que esta obra será ben acollida co tempo tanto no Cabo da Cruz como no resto los lugares nos que se colocaron, e que contan co beneplácito da cidadanía.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Todo un orgullo para a hostelería do Cabo da Cruz ter un local coma este para poder disfruta ...
Coma todos os anos a entidade organizadora da Festa do Carme 2009 de Cabo de Cruz xa ten á venda ...
¿Tes un producto en garantía e non cho cambian se está mal? ¿Hai un vendedor que se escaquea das ...
Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen de ...
Tamén se deixan ver as festas de San Xoán. A isto voulle dar certa importancia, xa que os ...


