Novas queixas das velocidades dos camións do porto

Foto: La Voz de Galicia
Despois das queixas mostradas pola Unión ó concello de Boiro pola elevada velocidade que toman os camións das obras do porto, parecía que todo voltaba á normalidade e se facía segura a estrada que nos une co concello. Pero todo isto pasou a ser algo temporal, cando de novo os veciños mostran o seu descontento coa actuación destes vehículos de grande tonelaxe.
Rafael Fernández, un veciño de Boiro levou un susto de morte ó ver como puido ser atropelado el mais os seus fillos cando se dispoñían a cruzar por un paso peonil. As queixas deste home fixéronse oir, xa que a situación require que isto remate dunha vez.
Isto pasou onte ó pé das cinco e media da tarde cando este veciño se dispoñía a coller ós seus cativos na parado do autobús que os trae da escola. Rafael, cando comezou a cruzar, pensou que a distancia que o separaba do camión era prudente, pero cando se dou conta xa tiña o camión prácticamente enrriba, e por pouco ocorre unha desgraza.
Isto xa foi o extremo que levou a este veciño a informar ás autoridades e mesmo case a por unha denuncia que non foi consumada porque non lle deu tempo a coller a matrícula do vehículo. Dende as autoridades afirman que intensificarán a vixilancia neste tramo para evitar cousas coma esta.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Como xa se anunciara, volta ser nova a velocidade que toman os camións que levan a pedra ó m ...
O tema destes últimos días que deu tanto que falar en CaboDeCruz.Net segue sendo o dos pasos ...
[caption id="attachment_1223" align="aligncenter" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][ ...
Un crucense duns 39 anos de idade foi detido o pasado domingo por un delito de desobediencia ...
Polo visto o tema dos pasos elevados seguen traendo polémica ó Cabo da Cruz cando onte os ob ...


