Inicio > Cultura, Novas > Novas fotos en CaboDeCruz.Net

Novas fotos en CaboDeCruz.Net

Martes, 9 de Marzo de 2010 Ir os comentarios

sol medianoite 03 00 am

Pois si amigos, o que máis chama a atención nunha web son as súas galerías de fotos e videos, porén queremos que isto siga sendo unha referencia para todos. Sabemos que hai xente que nos segue mesmo dende o outro lado do charco e de distintos lugares do mundo, entón a nosa misión é facer que se sintan coma na casa.

Botando unha ollada na web do amigo Miguel A. Lomba, a coñecida CaboDeCruz.Org, pois vin bastantes fotos que me gustaron moito e decidín pedirlle permiso para poder colgalas aquí tamén. Miguel, coa súa cordialidade sempre mostrada de cara a nós, deunos permiso para poder colgalas, pois sen a súa axuda e colaboración non teriamos ningún destes fermosos retratos que aquí vos mostramos. Miguel, queremos agradecerche a túa colaboración con esta web, non só con fotos e videos, senón con outras cousas das que non dubidaches en botarnos unha man. Porén, gracias e moito ánimo na túa labor.

Dedicimos mostrarvos unhas fotos dos máis cativos da vila en dúas citas que os fan estar máis contentos do normal: o Nadal e o Antroido. Nestes albums poderedes ver a ledicia dos nenos e nenas do Cabo da Cruz no seu colexio Sta. María do Castro, en Valiño.

Outro referente a mostrar que xa forma parte da nosa historia e cultura é a xente que anda ó mar. É unha sorte poder contar con estas fotos que nos mostran os lugares do globo polos que anda a xente do Cabo da Cruz. É moi duro ter que deixar esta terra na procura dalgo mellor para os nosos fillos, pero aquí tendes a algúns destes homes que co seu bolso ó lombo tiran millas na procura de traballo e paisaxes tan fermosas.

Agardamos que disfrutedes desta sección de fotos onde moitos de vós estaredes identificados nalgunha e non dubidedes que estamos traballando arreo para que isto siga en pé. De feito temos na recámara un traballo de dous irmáns do Cabo que é digno de ver polo seu contido e a súa emoción. Que si, que no Cabo da Cruz o que nos sobra é arte! Xa veredes.

E se queres opinar sobre algunha destas fotos xa sabes, esta web ten cabida para todos vós, para que nos contedes o que queirades, xa que CaboDeCruz.Net é a vosa web de referencia!

Artigos relacionados :

 

• Máis noticias enCultura, Novas
• Recibe tódalas novas no teu correo:
  1. Alex
    Martes, 9 de Marzo de 2010 a las 15:43 | #1

    Gran Traballo! Son unhas fotos excepcionais, en concreto as de Miguel A. Lomba.

    Un saudo dende Santiago!!

  1. Non hai trackbacks.