Novas fotos en CaboDeCruz.Net
A sorte que temos os que aquí traballamos cada día é a de ter uns moi bos colaboradores. Xente que sen ánimo de lucro nos bota unha man sempre que poden, que nos sinalan un artigo, que nos ceden fotos, que len esta web a diario, que comentan… Iso vale moito no mundo da administración web. Porén, a nosa amiga xa coñecida Mary Hermo nos ofreceu unhas fotos dela que conseguiu para que nós as poidamos colgar aquí.
Trátase dunhas fotos das festas do Carmen de diferentes anos que as podedes ver aquí, e pola xente que sae e as cariñas que tiñan fai anos, pois dalle un certo valor histórico a estas imaxes. Sabedes tamén que son as festas da nosa patroa, a Virxe do Carme, festas das que todos gozamos ó máximo, pero que son sempre na honra da patroa dos mariñeiros.
Estamos tamén á espera dunhas fotos do noso amigo Dani Gestoso, que a través de Mary Hermo nos van a ceder aquí, pero temos que solventar uns detalles das fotos para que se poñan aquí correctamente. Trataremos de ofrecérvolas na maior brevedade posbile. E non esquezades que aquí temos moitos proxectos que día a día van avanzando pouco a pouco. En fin, xa vos iremos sorprendendo coas novidades que lles queremos ofrecer ás persoas do Cabo da Cruz.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Coma o ano pasado, este ano tamén queremos ofrecervolas fotos tomadas nos días de festa de C ...
A pesares de que estas fotos xa estaban na nosa posesión dende fai uns días, non quixemos ag ...
A informática dá para aprender moitas cousas e tamén para facer amigos. Por iso, nun día de ...
Pois si amigos, o que máis chama a atención nunha web son as súas galerías de fotos e videos ...
Como xa vos dariades conta, están xa subidas as fotos das festas do Carmen deste ano 2009. Estas ...


