Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
23

Nova edición de O Socaire

Ocambio

Xa facía algún tempo que non tiñamos novas desta iniciativa crucense: O Socaire. Trátase dunha revista elaborada pola asociación de veciños A Unión para tódolos socios e veciños de Cabo de Cruz. Este rexurdimento débese a que a directiva quer reflexar aquí o seu paso pola entidade indicando diversos temas e actuacións dos dirixentes actuais.

A revista vai a ser entregada ós socios que acudan no día de mañá á asamblea xeral que hai convocada. Nela ides poder atopar tódalas actividades propulsadas pola asociación nestes últimos catro anos de mandato. Poderedes ver os titulares que máis moveron á xente de Cabo de Cruz neste tempo entre outras cousas. Vanse a tratar temas dende a depuradora, o muelle novo, o plan parcial, o médico ata os pasos elevados tan de moda a día de hoxe.

Veredes tamén tódalas xestións que a Unión fixo ante o concello de Boiro, así coma tódalas reclamacións e peticións feitas dende as oficinas da entidade. Haberá retratos dunha morea de veciños nas actividades feitas por mor das Letras Galegas e do Nadal. Tamén veremos as homenaxes ó noso benquerido Club de Remo polo seu percorrido nas distintas regatas ó longo da xeografía española.

Comentar tamén que un dos medios que a Unión está a explotar na rede de redes é a súa páxina web. Unha web que recibe unha morea de visitas por parte dos veciños e veciñas de Cabo de Cruz e onde se tratan e trataron moitos temas de interese para todos. De feito, nesta web xa todos podedes ver un pequeno avance desta revista de O Socaire.

Na xuntanza de mañá, o presidente, Benigno Sánchez presentará o banlance de contas e a súa retirada. Dende mañá vaise a dar un prazo dun par de semanas para que algún veciño ou veciña tome o mandato da entidade, xa que o presidente non vai facer candidatura. Como ben sinalou, «a esencia da Unión está máis viva que nunca», pero se ninguén dá o paso, seguirá el ó frente da Unión.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Eu supoño que esta edición do Socaire será enviada a todos os socios por correo e se poñerá algún exemplar nos locales e bares de Cabo, ou eso espero.
    Un saúdo para todos e como mañan teño un compromiso non vou poder ir a Asemblea da Unión, e espero que as candidaturas sexan moitas para darlle continuidade ao traballo que se desenrola a prol da nosa parroquia, e no caso de que non se presente ninguén darlle ánimo aos que siguen pois sei que non é un traballo fácil, e digo por experiencia propia.

    Ánimo e por favor acudide a Asamblea maña todos.

  • Xoan

    Pois sería unha moi boa idea que se mandasen as revistas xa por internet, xa que se aforrarían moito tempo e papel, pero como podes observar, Internet en Cabo de Cruz aínda non acabou de reventar, pero co tempo as asambleas coma a de mañá xa seán on-line.
    Grata visita, Mary, alégrame verche de novo escribindo por aquí…
    Un saúdo e que vaia todo ben!

  • Mary Hermo

    Claro que sería unha boa idea remitir as revistas por internet, (pero como moitos dos socios/as son persoas de idades avanzadas, outros que non teñen coñecementos e outros que carecen de internet nas súas casas), penso que o de internet vai ser para largo aínda, o que si podo dicir é que aos cursos de informática que soe ter A Unión ten acudido xente dunha idade avanzada e que lles gustou o inconvinte é que poñer un equipo na casa dunha persoa maior é un custo económico que moitos deles non poden asumir debido as pequenas pensións que teñen, e logo está o tema da conexión e do cableado que ten moito que mellorar e as empresas que se adican a prestar estes servizos teñenos un pouco, por non dicir, moi abandoados e non chega a conexión a todos os lugares da parroquia en condicións óptimas apesares dos intentos por parte da Unión de que se mellorasen as comunicacións de datos na nosa parroquia, e como esto depende xa de empresas que non se decatan do mercado que teñen por explotar neste pobo.

    Un saúdo a todos e xa me contaredes como foi na Asemblea da Unión.

  • Xoan

    Certo é que a conexión en Cabo de Cruz é bastante reducida e penosa en comparación coas que ofertan na televisión, a parte de que telefónica é a que parte o bacallau nestes asuntos. Pero hai que ter paciencia para que algún día teñamos unha conexión de calidade. Con respecto á asamblea xa podes ver no artigo que puxen como foi a cousa, co cal penso que todo vai seguir igual (cos mesmos dirixentes, digo). A ver si alguén se anima e se presenta ás eleccións para ter un pouco máis de dinamismo nesta vila.
    Saúdos a todos!

  • Mary Hermo

    O día 29 de Maio ás 19:00 horas en Amebarraña terá lugar a Asemblea da Unión para ver se hai candidaturas e levar a cabo as votacións. ACUDIDE TODOS E ANIMADEVOS A PRESENTARSE COMO CANDIDATOS.