Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
15

Normalidade no servizo de ambulancias

Servizo_Sanitario

Tras toda esta polémica da nosa Consellería de Sanidade co tema das ambulancias, parece que a auga volta ó seu caudal, onde o servicio sanitario non urxente volta a dar servizo ós nosos discapacitados para acudir ás súas citas médicas. Algúns usuarios confimaron no día de onte que este servizo os colleu xa nas súas casas para acudir ó médico. A Consellería afirmou que a empresa Egara será a encargada de facer uns cento corenta desprazamentos diarios, quedando así o resto para o Sergas que fará as xestións con outras entidades. Onte, segundo as fontes da información aseguraban que ata catro firmas distintas se mostraron nas casas dos pacientes para darlle cobertura a todos.

Dende o Cabo da Cruz agárdase que este problema se resolva canto antes, e que se trate a todo o mundo por igual. Non se pide a supresión dos servizos prestados, senón que se pide que estes permanezan como estaban, e mesmo se melloren e amplien.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Eu o que espero é que non disminua a calidade do servicio que van a prestar estar catro empresas, dado que a empresa concesionaria do servicio Egara ofrecía un servizo moi bo con ambulancias higienizadas todos os días e tendo rampas para que o traslado de persoas en cadeira de rodas.

    O que non entendo é como se contratan ou a que acordos chegarían con esas catro empresas (que polas miñas informacións son algunhas das que tiñan anteriormente a concesión e que nin estaban higenizadas como é debido nin tiñan rampas para levar cadeiras de rodas, a min estas empresas nunca me levaron a cadeira de rodas en todos os anos que tiveron a concesión e protestará por iso pero as protestas caían en caixón roto).

    Supoño que isto significará dobrar o gasto no transporte pois non creo que estas empresas o fagan gratis, digo eu, por iso non entendo como non chegaron a un acordo pagandolle a Egara os servicios que estaban facendo a maiores e agora contratan catro empresas a maiores, eu xa non entendo nada.

    Podo dicir que a min volveron a concederme o traslado en ambulancia e que me está a trasladas coa miña cadeira de rodas a empresa Egara e espero que así sega sendo, e espero que non chegue un día outra empresa e me diga que teño que deixar a cadeira de rodas na miña casa pois eso suporía coller unha no hospital que sempre escasean e non están en bo estado nin están adecuadas as necesidades dos distintos pacientes, tan só son cadeiras manuais e iso faría que eu tivese que depender dunha terceira persoa para que me empuxase ate as distintas consultas que teño cada vez que vou o hospital.

    Espero que non se perda calidade no servicio, e se alguén ve que perde calidade ou ten que esperar moitas horas inecesariamente que proteste e non se quede calado.

    Un saúdo a todos e gracias polo voso apoio.

  • Rubén Sanandrés

    A señora conselleira de Sanidade leva enchendo a boca con mentiras como que nunha ducia de ocasions tentou resolver o problema con Egara. Dito problema dos traslados leva un ano sacando adiante eses 140 traslados diarios e moitísimos máis debido a gran demanda existente a empresa concesionaria Ambulancias Egara. Se hasta agora o puido facer porque non se chega a acordo para tentar conservar os postos de traballo que destruiron con esta medida de traer a catro empresas de outras zonas tendo Egara esta zona e toda a disposición para seguir facendoo.
    Acaso antes non había cartos para uns e agora si para outros??, isto quere dicir que se fai por intereses partículares para con certas empresas???.

    Estou na calle grazas a decisións absurdas coma istas; decisións que se toman en quente sen sopesar as repercusión que poidan ter e sin tan siquera dignarse en atender nin a empresa nin os traballadores afectados.

    Quero deixar claro que non represento con este comentario a empresa Egara; e un comentario totalmente personal que reflexa o meu sentir o respecto dun problema que non e tal e que dende Sanidade parece que se empeñan en complicar cando todo e moito máis sinxelo.

  • Mary Hermo

    Ruben ten toda a razón, él quedou na calle pola cabezoneria da conselleira que leva dicindo verdadeiras barbaridades e non pensou en ningún momento en chegar a acordos coa empresa concesionaria, chegou a dicir que nós, os enfermos, abusabamos do servicio de ambulancias, e que a nós, os enfermos nos instigara a protestar a empresa Egara.

    Dicirlle a Conselleira que eu aínda estou esperando as súas disculpas públicamente pois eu nin abusei do servicio nin fun instigada a protestar, sempre protestei cada vez que vin que alguén me pisaba os meus dereitos, nunca quedei calada e iso é algo que se pode comprobar, por que eu protestei fai anos e seguin protestando coas anteriores concesionarias polas horas de espera que se solucionaron no meu caso, tamén protestei por non levarme a cadeira, e cando chegou Egara tamén protestei por as horas de espera, que lle quede claro a Sra. Conselleira de Sanidade que a mín debeme desculpas públicas por as declaracións que fixo ante a prensa o día 8 de otubro deste ano ante LA VOZ DE GALICIA e que o titular era o seguinte «La Xunta está investigando «posibles abusos» en la utilización de
    ambulancias».

    Espero que todo volva a normalidade, e refirome a normalidade de como estaba antes onde todo funcionaba ben e todos os usuarios eramos atendidos como é debido, e que os traballadores que por desgraza tiveron que ser despedidos poidan volver a ser contratados, eles teñen o meu apoio pois sempre cumpliron co seu traballo tratandome con respeto e cumplindo os horarios.

  • Mary Hermo

    Esquecíame dicir que eu non son representante de ningunha empresa, que tan só son unha usuaria do servicio de transporte sanitario programado non urxente, que veu mellorada a súa asistencia con esta concesionaria do servicio.