Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mai
16

No día das Letras Galegas, apoia a túa lingua.

uxio-novoneyraEste ano, o día das Letras Galegas está adicado a Uxío NovoNeyra, un domador da arte escrita galega que nos agradou con distintos títulos coma: Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955), Os eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), Os anos escuros (1985), etc. Traballou en diversos ámbitos coma o da poesía en Elegías de Madrid, Primera verdad ou mesmo Elegías del Caurel.

Aquí temos a todo un home que fixo da nosa lingua algo que moitos, aínda a día de hoxe non queren recoñecer e son os mesmos que nos negan o dereito a vivir en galego. Este vindeiro luns, como motivo deste día en homenaxe a este escritor xa consagrado co seu día, haberá tamén unha mobilización para tódolos galegos e galegas que están en contra do decreto actual imposto polo señor Núñez Feijoo. Un decreto que nos impide facer unha vida completamente en galego a nós, á xente daquí e dacolá.

Cabo de Cruz non vai quedar no anonimato neste día, xa que na nosa vila, todos ou case todos falamos o galego, un galego herdado polos nosos pais, avós, tíos e amigos. Un idioma que nos veu nacer, que nos serviu para desenvolver a nosa infancia na nosa terra, que nos fai grandes aló a onde imos e que de seguro nos verá morrer. Aínda queda moito por facer neste ámbito, e mañá é o día de dicirlle ós nosos dirixentes que o noso idioma para nós é tanto ou máis importante có castelán, un idioma que veu de fóra e que trata de arrebatarnos o que é noso: o galego.

letras_galegasPorén, a todos os que aquí entrades pídovos que acudades ó apoio da nosa lingua, que na casa non se fai nada, que hai que saír ahí a fóra e dicirlle o que queremos. Para que non chegue o día no que pechen esta web por ser íntegramente en galego, para que os noso fillos, netos e bisnetos sexan galegofalantes e amen a nosa lingua como nós o facemos, porque en galego, podemos!

A manifestación sairá da Alameda de Santiago de Compostela este luns para percorrer as rúas da cidade e rematar na praza do Obradoiro. Achégate, porque o galego une!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: