Medra a polémica polos pasos elevados na estrada Boiro – Cabo de Cruz

Foto da Voz de Galicia
Dende o comezo das obras dos pasos elevados que se van poñer na estrada que une a nosa vila con Boiro, as queixas e críticas por algunha xente estaban garantidas. Se antes se dicía que eran demasiados, agora os empresarios boirenses sinalan que non existe unha licencia da Diputación para facer as obras.
Son moitas as persoas que discrepan que estes pasos vaian a ser a disolución da inseguridade no vial, e din que o único que vai a provocar esta acometida obra é perxudicar ó sector empresarial e ós propios veciños do Cabo da Cruz.
Os puntos de apoio do concello son a excesiva velocidade dalgúns conductores no vial limitado a 50 km/h, as numerosas interseccións e o elevado tránsito peonil e de vehículos que frecuenta esa carretera a diario. Na mentres a opinión dos veciños é que hai outros xeitos de millorar a seguridade vial, e porque uns non cumprar as normas, non temos por qué pagar todos os seus problemas.
Por parte do concello, o edil de urbanismo Xoán León, sinalou que o persoal da Diputación visitou a zona e revisou o proxecto que se está a levar a cabo, dándolle así o visto bo á obra.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1210" align="alignright" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][/ ...
Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vi ...
Os empresarios mostráronse abraiados pola indecisión do concello en canto ós pasos sobre bad ...
O outro día era habitual ver nos establecementos do Cabo da Cruz unhas follas cun texto en contr ...
Polo visto o tema dos pasos elevados seguen traendo polémica ó Cabo da Cruz cando onte os ob ...


