Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xan
10

Marquesina para os rapaces no Corviño

Pasando polo seo da asociación de veciños o outro día, vin que tiñan alí colgada unha carta ós Reis Magos do concello de Boiro. Nela pedíase algo moi sinxelo, que non conleva nin sequera moito gasto. Algo necesario por se tratar da protección dos nosos cativos. Pedíase unha marquesina.

O motivo é que os rapaces do Corviño non teñen onde abrigarse cando agardan polo autobús escolar. Para máis nestes tempos de choivas e friaxes onde os pequechos teñen que estar ahí ás duras e ás maduras. Non ten moito xeito que a estas datas de curso aínda non haxa dúas táboas e catro puntas para facer unha marquesina para os rapaces do Corviño.

marquesina

Marquesina para o Corviño

Segundo a Unión, as contínuas suxerencias ó concello de Boiro por mor desta carencia foron contínuas, e dende o concello moi amablemente dixeron que sen falla o ían facer. Quedouse cunha persoa da Unión para que lles indicase a ubicación da infraestructura. Quedouse para o xoves desta semana, sen falla, pero lamentablemente era xa no venres cando aínda estaban á espera de dita chamada para proceder coa posta do lugar de abrigo.

Agardamos dende CaboDeCruz.Net e dende a vila do Cabo da Cruz que o concello nos bote unha mira algo máis intensa para paliar os contínuos problemas que ós que temos que darlle solución na nosa vila. Pois o da marquesina é algo tan primordial que non se pode deixar para máis tarde, pois os nosos cativos teñen escola xa mañá e aínda non teñen onde resgardarse da choiva e do frío.

Pedimos ó concello actuacións inmediatas neste tipo de temas e en outros moitos máis que a nosa asociación de veciños A Unión pediu por nós. Consideren vostedes, os do concello, que somos un núcleo urbano fundamental e tamén un motor da economía clave no desenvolvemento de Boiro. Porén pídese un trato máis activo e atento, que non se dí que o de agora sexa malo, pero como en todo, todos podemos mellorar un pouquiño máis se cadra.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: