Manifestación en defensa da lingua galega

Este próximo Domingo 18 de Outubro sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 h. da mañá. Agárdase unha afluencia masiva de tódolos galegos e galegas que queiran defender o seu idioma ante as inconsistencias do actual goberno por cortar e fechar portas ó medre da nosa lingua. No pasado día dazasete de Maio, día das Letras Galegas, xa houbo outro acto coma este para facer reflexionar ós dirixentes da Xunta, e dicirlles que se hai dous idiomas en Galicia, se respeten por igual.
Lamentablemente, hoxe en día o que temos é unha diglosia que fai que un idioma como é o castelán pase por enrriba do galego, do idioma que os nosos pais e avós falan e falaban, e polo cal tomamos as directrices do que hoxe chamamos comunicación. Este idioma dounos moitas cousas: posibilidade de comunicarnos, unha identidade, un acento, etc. Vai sendo hora de que este domingo que vén nos movamos por el, e que fagamos do galego un símbolo que defina a nosa terra. Esta manifestación estará tamén apoiada por unha nova plataforma que xurdiu fai pouco, e que se constituiu aínda non fai un mes na nosa comarca, que é a plataforma: Queremos galego!, a cal porá á vosa disposición autobuses para poder acudir.
Podedes preguntarlles ós rapaces o cambio que se nota mesmo nos debuxos animados, vendo Son Goku, Shin Chan, ou outros debuxos que nos ofreceu a Televisión de Galicia en galego, ó que nos ofrecen canles estatais do mesmo no idioma castelán. Dende aquí non se menosprecia ningún, absolutamente ningún idioma, senón que se fomenta a aprendizaxe do galego e máis do castelán entre outros, para facer así que no día de mañá os nosos cativos sexan xente competente no mundo que os agarda.
Para máis información:http://www.amesanl.org ou http://www.queremosgalego.org
Anímate, acude este domingo a Santiago, faino polo teu idioma, faino por ti, pola túa terra, pola túa xente, polo que somos: polos galegos!
Artigos relacionados :
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Uxío NovoNeyra, un domador da arte escrita gal ...
Quixera anunciar un acto que se vai celebrar en Ribeira este próximo sábado 3 de Outubro de 20 ...
O outro día decidimos poñer aquí unha nova referente ó día das letras galegas en Santiago de Com ...
Como todos sabedes e dende fai xa tempo, o día de onte, 21 de xaneiro do 2010 foi un día en ...
Nas axudas da Xunta de Galicia ó idioma galego deste ano, o orzamento veuse mermado nun 35%. ...




