Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Feb
28

Mamá! Eu quero ser diputado.

Parlamento

Señoras e señores, quén non quer ser diputado co que está pasando hoxe en día neste sector? Fai uns días saltaban tódalas alarmas pola chea de dietas e cartos de máis que cobran os diputados do noso Parlamento galego (entre outros). Pero isto ten algo de especial e hai unha diferencia avismal entre ser diputado ou non selo. E para iso aquí hoxe tan só imos reflexar unha delas: os cobros por desprazamento ó traballo.

Sabe alguén canto cobra un diputado por ir ó seu traballo? a cifra de 0.26 € (segundo La Opinión da Coruña) ou 0.27 € (segundo La Voz de Galicia) por cada quilómetro percorrido. E saben as trampas que hai en todo isto? Aquí as imos a expoñer.

Para comezar, qué traballador cobra o desprazamento por ir traballar? Pois non creo que sexan moitos, xa que un diputado, ben vaia en coche propio, en taxi ou en transporte público cobra sempre por ir traballar.

Agora veñen as trampas dalgúns dos nosos dirixentes:

1. Se eu vivo preto de ti, lévoche no coche e pedimos a indemnización por separado a pesares de que tan só levamos un coche.

2. Aínda que eu non teña carnet de coche pido os cartos alegando que vou no meu propio coche.

3. Se eu para chegar mellor ó traballo vivo en Santiago de Compostela e son do Cabo da Cruz, pois digo que vou tódolos días dende o Cabo da Cruz a traballar ó parlamento. (0.27 x 50 km (aproximadamente) = 13.50 € cada día aparte peaxe da AP-9).

E así unha morea de trampas que os listos de turno que nos representan fan para roubarlle ó pobo o máixmo de si. Aclarar tamén que non tódolos diputados son iguais e dicir que hai xente digna que realmente vai no seu coche a traballar ou ben no autobús. Non por isto imos  a meter a todos no mesmo saco.

Agora parece que a señora Pilar Rojo, presidenta do noso Parlamento galego quer tomar cartas no asunto para facer o máis transparente posible este asunto das dietas. Porén, segundo o diario La Opinión da Coruña, cada parlamentario galego cústalle ás arcas públicas a cifra de 286.920 €. Nada mal para ter todo gratis, pero señores, non se alarmen, pois din que somos dos máis baratos, porque un parlamentario catalán custa unha media duns 571.900 €.

Xa vedes, con estas cifras calquera non se mete á política. Pero agora queremos facer un contraste. Ante a actual crise do Estado español, o goberno propón unha serie de medidas como poden ser a de traballar ata os 67 anos. Cousa que isto é agora, pero os que teñades por exemplo uns vinte anos preparádevos para traballar ata morrer. Entón, a ningún intelectual do Parlamento se lle ocorreu rebaixar ou anular estas dietas? A ningún se lle ocorreu baixar o seu soldo?

Pois non señoras e señores, aquí pagamos os de sempre, os de abaixo. Mentras os de arriba teñan cartos e os de abaixo pensemos que estamos un mundo de ben, aquí todos contentos e bailando. Pero ollade unha cousa: en España hai uns 4.000.000 de persoas en paro, logo cando ese paro se acabe (segundo a cotización de cada traballador), e se acabe o pouco que queda, de qué van a vivir esas persoas? Qué lle darán de comer ós seus fillos? Si, queda o que todos estades pensando: roubar.

Isto lamentablemente é así. Cada cal que reflexione sobre este artigo porque nel hai moitas cousas que nos farían pensar á hora de escoller a quen nos goberne. Sen máis, tan só vou dicir unha cousa: Mamá, eu quero ser diputado!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • http://certo.es xornalcerto

    Vaia, está a xente sensibilizándose sobre o asunto… Era hora!
    Un colaborador noso tamén participa nunha campaña para chamarlles a atención aos políticos sobre estas cousas: http://certo.posterous.com/mensaje-de-los-ciudadanos-a-los-miembros-del

    Unha boa reflexión, aínda que coidamos que a moralexa deixa que desexar… Nós seguimos querendo ser o que somos, pero honrados! O último que desexaríamos é estar en política, vendo o panorama. Lémbranos, tristemente, a estes rapaces da Ría da Arousa que non querían ser médicos nin profesores nin nada: querían ser narcos! Vaia imaxe están dando agora os politiquiños que nos tocou sofrir!

  • Xoan

    Evidentemente a moralexa é totalmente irónica con respecto a este tema. Eu coñezo a algún que outro político de primeira man e cabe dicir que non son todos iguais, pero visto o visto hai cousas que che dan gaña de prenderlle lume ó parlamento. Nós tamén queremos seguir sendo quen somos, aínda que a política estea á orde do día e que nos influe moi directamente, xa que a situación social depende en grande parte da política dun país. Agardemos que se algún político le isto, se dea conta, reflexione e denuncie as inxustizas e roubos que acontecen, xa que para que unha noticia deste xeito se filtre á prensa, o que estará pasando por detrás é moito peor. Do resto máis nada.
    Un saúdo!!