Máis de 600 veciños en contra dos pasos elevados na estrada do Cabo da Cruz – Boiro
O outro día era habitual ver nos establecementos do Cabo da Cruz unhas follas cun texto en contra da colocación dos pasos elevados que se están a poñer na estrada que une a nosa vila do Cabo da Cruz co núcleo boirense. Eran tamén moitos os veciños que se achegaban a firmar en contra do que o concello de Boiro coa axuda da Diputación está a facer en dito vial. A Plataforma da Defensa dos Intereses do Cabo da Cruz acadou as 600 firmas dos dous mil e pico habitantes que temos no Cabo. Agárdase que a cifra supere en breve ó milleiro de persoas en contra desta nova obra.

Foto de Dani Gestoso para a Voz de Galicia
Os puntos que sinala a Plataforma para esta rexeita da obra son:
1. Os traslados en ambulancia de feridos nos que van a ir coma nas barquillitas das Festas do Carmen, entre outros vehículos coma poden ser os bombeiros ou a Garda Civil.
2. O marisco do que moita xente vive corre o risco de romper nestes pasos elevados cos saltos que pegue o transporte do producto.
3. O pobo deberá facer un esforzo adicional para saír da nosa vila e dirixirnos mesmo ós puntos de traballo.
Outro reflexo importante destas queixas é o novo porto deportivo que traerá a moitísima xente que queira ter as súas embarcacións amarradas ó muelle do Cabo da Cruz, pero que con estes pasos veranse obrigados a pasar con moitísima precaución, ou ben a irse a outro muelle onde teñan uns accesos menos obstaculizados.
Sen embargo a negativa da Plataforma non é total, pois acceden a que se poñan en puntos como pode ser o novo centro social, o pabillón de barraña e no ambulatorio, lugares onde o tránsito de xente é considerable e ahí si que poden facer falta este tipo de medidas.
Os veciños voltan a expresar o mesmo que anteriormente. Con esta medida perxudícase a toda unha vila, mentas que con outras medidas alternativas actúase onde se debe, máis ca cazando ós infractores de dito vial polos que agora se monta esta nova situación na nosa vila. Hai medidas coma a posta de radares ou incrementar a vixilancia policial que serían máis axeitadas ó problema que acontece.
Polo de agora, as obra seguen o seu curso e non se ven afectadas de ningún xeito, polo que agardamos que tanto o concello de Boiro coma os veciños do Cabo da Cruz cheguen a un punto en común para acometer este proxecto.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1223" align="aligncenter" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][ ...
[caption id="attachment_1210" align="alignright" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][/ ...
[caption id="attachment_1529" align="alignright" width="316" caption="Foto de Dani Gestoso para ...
Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vi ...
[caption id="attachment_1540" align="alignright" width="316" caption="Foto de Simón Balvís para ...


