Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Set
01

Laura Alonso. O Cabo da Cruz está contigo!

simbolismo_de_las_velasII

Non me quedan dúbidas ó respecto de poñer esta tráxica noticia nesta web. Non podo pasar disto, non podo facer que isto non se reflexe en calquera sitio posible. Isto non pode ter como aliado o silencio.

Como todos xa saberedes, fai uns días, unha moza de Ourense foi asasinada brutalmente polo seu ex-noivo. Unha nova que non é illada, unha nova que se repite nos distintos puntos da xeografía española e mundial. Unha situación na que un cobarde, por non dicir outra cousa, xa que súa nai non ten culpa, colle a unha muller coma se fose un obxeto da súa propiedade e fai con ela o que lle peta. Cobarde. Asasino. Maltratador.

Quixera dicir que as mulleres non son un obxeto, non son a túa propiedade, non podes facer o que che pete porque sexa a túa parella. Unha muller é un ser humán que vale tanto ou máis ca un home. Unha muller é unha obra de arte que xurdiu dun día de inspiración de Deus. Unha muller non pode ser noticia destes feitos. Unha muller é algo máis. Unha nai. Unha coidadora. Unha traballadora. Unha irmá. Unha amiga. Unha cómplice. Unha compañeira.

forges+dia+de+la+mujer+libre copia

Quixera facer un chamamento a todos aqueles que a mataron porque a querían, para darlles un consello. Antes de porlle a man enrriba, mátate ti. Colle o coitelo e corta no teu corpo para mirar aló no outro mundo o que hai. E se ves que todo o que hai alá, é bo para os dous, volve por ela, que de seguro que estará encantada. Pero antes de porlle unha man enrriba á túa dona, á túa moza, á que che quer, á que che saúda, corta esa man, e asegúrate de que nunca che vai pasar pola cabeza esa traxedia.

Pido que este feito revolva os miolos de todos para que isto nunca volte acontecer, xa que estamos nunha sociedade libre, onde se non estás a gusto con alguén, sepárate, vaite, bule, razoa, perdoa, comprende, entende… Pido dende aquí, un NUNCA MÁIS para a VIOLENCIA DE XÉNERO, e ningún tipo de violencia, xa que a violencia chama á violencia, e isto non conduce a nada.

Agardamos tamén que se faga xustiza con este tipo de seres vivos, por chamarlle algo. Que sufran tanto ou máis cás que van alá, cás familias que quedan rompidas, cós fillos orfos sen ter a onde ir, sen nada. XUSTIZA XA!!!

rosa

Laura, dende aquí, aló onde esteas: Unha aperta crucense que faremos que entre todos chegue a ti.

Un home.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Ana

    E vergonzoso a xusticia que temos, esta claro que eso e o primeiro que temmos que cambiar.