Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mai
18

Incorpóranse novos auxiliares de Policía Local en Boiro

movida

Parece ser que o concello de Boiro ten un problema que non dá amañado, pese á tentativa de poñer máis efectivos nas noites do sábados. Parecía que ía quedando o tema tranquilo ata que neste sábado pasado, a violencia e o vandalismo voltou a residir no núcleo urbán. Semella que a presencia da Garda Civil e mais da Policía Local non foron efectivas ante tales feitos, pois a concentración de xente na movida boirense é tremendamente excesiva. Prevese unha ampliación do plantel da Policía Local para o verán con máis auxiliares, pero témese que estas medidas aínda non sexan suficientes.

Onte, o alcalde Xosé Deira, sinalou que na movida de Boiro «hai problemas, e graves», pero afirma que se levan a cabo tarefas de vixilancia nocturna para tratar de calmar os ánimos na festa da vila boirense.

Tan só unha parella de municipais coidan da movida de Boiro co apoio da Benemérita, pero a falla de entendemento entre o concello e o corpo policial fai isto un chisco máis complicado de levar. A contratación de catro prazas de auxiliar para o verán pode notarse un pouco, pero aínda así quedanse moi curtos á hora de afrontar o problema, sobor de todo ás vacacións dos demáis membros da policía.

As aclaracións por parte do do Xefe da Policía Local de Boiro son inmediatas cando se lle pregunta sobre si vai haber un incremento da vixilancia en épocas de verán: «Non se vai incrementar a presenza policial polas noites». Debido a esta disconformidade entre mandatarios, os sábados seguen sendo un talón de Aquiles para o noso municipio.

En relación cos incidentes desta fin de semana, foron diversos os vehículos perxudicados ademáis dun mozo ferido de gravidade nun ollo causado polas pelexas que tiveron lugar ó longo da noite. Polo momento non hai ningunha detención, xa que tampouco se puxo ningunha denuncia no cuartel da Garda Civil.

Parece ser que os altercados son provocados polos mesmos de sempre, por xente xa habitual neste tipo de trifulcas e son xa coñecidos polas forzas de seguridade. As fontes da información indican que son unha minoría en comparación coas miles de persoas que se dan cita na madrugada de Boiro.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: