Impresionante diseño das camisetas das Festas do Carme 2009
Tiven a sorte de ver o diseño das novas camisetas das Festas do Carme 2009, e a verdade é que en Cabo estamos sempre rompendo moldes. Dígoo porque na meirande parte destas cousas de diseñar camisetas sempre se escolle un debuxo que faga máis ou menos chiste para que á xente lle faga gracia e o merque, pero neste caso imos máis aló…
Neste ano tócanos xogar un pouco cos efectos visuais, xa que se vedes a camiseta pola súa parte de detrás é unha cousa normal, sinxela, pero a medida que a ides vendo de lonxe ides notando como un efecto óptico vos fai ver outra imaxe distinta á vista de preto… Abraiante! Tan só quixera felicitar dende aquí ós diseñadores de dita, porque non, obra de arte, e que sigades así, xa que nesta dinámica estou seguro que a xente se vai animar bastante a mercalas. Pensei tamén en retratar unha camiseta para poñela aquí na web, pero vou ser un pouco malo e vou a deixarvos coa intriga para que vos levedes unha sorpresa das boas.
E que xa se dicía que en Cabo temos de todo: artistas, diseñadores gráficos, médicos, dentistas, enxeñeiros, arquitectos, bateeiros, labradores, comerciantes, … Vaia terra de probeito, si señor, se os nosos devanceiros levantasen a cachola e visen tal cousa quedarían abraiados.
Bueno, eu en breve terei xa a miña camiseta, que xa penso en mercala en varias cores, xa que penso que paga a pena, e ti que? Xa tes a túa? Pois pasa xa a mercala, que has quedar sen ela!!!
Os que xa a tendes, qué opinades? Gústavos o diseño? É como para mercar máis dunha ou non?
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Coma todos os anos a entidade organizadora da Festa do Carme 2009 de Cabo de Cruz xa ten á venda ...
Como algúns xa vos destes conta, a nosa sección de 'Turismo' tivo un lavado de cara para facer m ...
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comen ...
Como todos puidéchedes observar, esta web estivo un pouco estancada nesta última semana. Com ...
A sorte que temos os que aquí traballamos cada día é a de ter uns moi bos colaboradores. Xente q ...


