Grave acusación da TVG
Fedellando polas entrañas da rede por algo que sabía que existía, finalmente dei co presunto tesouro enterrado pola nosa canle da TVG. Unha foto que delata bastante a hipocresía coa que un dos presentadores dun programa da mañá atentou contra a manifestación do 18 de outubro en favor da lingua galega. Como asistente a dita manifestación vou expoñer un pouco o que se vivía dende alí.
Praza da Quintana a reventar polas multitudes que acudiron ó encontro. Eu estaba situado nun lateral cando de súpeto escóitanse uns berros por parte dos manifestantes que estaban máis preto do palco coa insignia: «televisión! manipulación!«. Perplexos quedamos todos ante tal feito, pero todo isto tiña a súa corrente de razón.
Tempo despois, e sen saber nada do que pasara, nin polo que foran esas aclamacións á TVG, vin na televisión nun programa da mañá algo que me podería cadrar segundo o visto alí. Dicía o presentador que non entendía a reacción da xente cando quixeron conectar en directo coa praza da Quintana ante os gritos das multitudes. Eu ó principio tampouco o entendía, pero finalmente caín da burra cando vin a seguinte foto que vos vai a explicar un pouco as cousas:

Corte de manga ó galego
Como podedes observar, este cámara fai un excelente corte de manga ós persoeiros que estaban no palco da manifestación, dahí as reaccións da xente con esas palabras das que o noso presentador falaba. Posteriormente non se escoitou nada sobre este tema nin sobre este amigo noso que nos saúda tan cordialmente.
Visto isto podemos ver como os medios de comunicación móstrannos o que eles queren que nós vexamos e saibamos, pero non se dan conta de que no medio de tanta xente, sempre pode haber alguén que che saque esta foto e che meta no caldeiro dos maleducados. É lamentable ver como ante toda a xente que estaba alí hai xente con tan pouco uso de razón que fai estas cousas. Un non sabe chegar a un sitio, sen imparcial, facer o seu traballo, e logo si quer cos amigos comentar o que queira. Non, sempre temos que poñer a guinda ó pastel para que despois pasen cousas deste tipo.
Agardo que a dirección da TVG teña en conta estas cousas e tome as medidas oportunas en canto a estas cousas que rematan por saberse para que o que todos temos coma unha canle seria non se convirta nun esperpento deste calibre.
Agradecer tamén a Carlos Callón a cesión desta foto que agora fai que estas cousas encaixen, pois moita xente tratábanos de maleducados cando vía a noticia e non vía o que realmente estaba pasando. Lembramoslles ós medios que recapaciten, que comproben as noticias e que se midan no que din, e si se trabucan, que o digan tamén. Pois rectificar é de sabios.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Xa é frecuente escoitar no telexornal de calquera canle da nova TDT as novas relacionadas con de ...
[caption id="attachment_1854" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de C. Queijeiro"][/c ...
[caption id="attachment_1540" align="alignright" width="316" caption="Foto de Simón Balvís para ...
- O obispo de Valencia: "Quizá es un mal mayor el que sufrimos nosotros que el de los pobres de Haití"
Tralo tremor de terra sufrido en Haití, as palabras do Bispo de Palencia retumban nos miolos ...
Sorprendente o título deste artigo? Pois non, penso que todo o contrario vendo o que acabo de ve ...


