Furia A.C. 4 – 2 Cabo de Cruz B
Cando todo parecía que marchaba ben nos comicios deste novo ano para o noso equipo do Cabo de Cruz B, as derrotas e empates raspados fanse notar nos resultados dos últimos partidos. Como é xa habitual, o noso comentarista deportivo de CaboDeCruz.Net, Porrón, ofrécenos a crónica do partido do pasado domingo que os levou ás terras de Valga para disputar o encontro co Furia.
Sen máis, déixovos coa crónica deste partido:
Mal partido dos nosos que apesares de non facer un bo xogo levaron unha derrota inmerecida, xa que o resultado xusto sería o empate.
Nada máis comezar o encontro un balón en longo sorprendeu a defensa do conxunto local e Cosita aprobeitou para, no borde do área, cruzar o balón ao segundo pao batendo ao gardamallas local. Pouco a pouco o Furia foise crecendo e mediada a primeira metade conseguían empatar o partido despois dunha internada por banda esquerda. O encontro chegaría así ao descanso. Na segunda metade ao pouco de se reanudar o partido un novo contragolpe, esta vez por banda dereita poñía o 2 a 1 no marcador. Uns intres despois un fallo garrafal de Ami en defensa, que perdeu o balón ante a presión do dianteiro local, propiciou o terceiro do Furia. Dez minutos máis tarde veu o outro fallo da tarde cando Richi, que estaba xa medio lesionado, non puido evitar perdelo balón de novo ante a presión do dianteiro local, o cal puido conseguir deste modo o cuarto gol para o seu equipo. A falta de dez minutos unha internada de Buda no área local provocou un penalty que se encargou Cosita de tirar e marcar.
Deste xeito podedes ver que se o equipo non cometera tales fallos en defensa podería ser un empate o que trouxese de Valga e non unha derrota.
Aliñación titular:
Gardamallas: Pechu
Liña defensiva: Chaparrito – Ami – Adrián – Richi
Medio do campo: Risi – David – Balteiro – Finidi
Ataque: Cosita – Marcos
Tamén xogaron: Buda e Andoni
E agora unha visual á clasificación, últimos resultados e próximos partidos:
Dende CaboDeCruz.Net tamén queremos comunicarvos que xa foi enviada unha notificación ó departamento de deseño para que se encarguen de ampliar e completar a páxina que ten adicada o equipo do Cabo de Cruz B aquí. A ampliación farase coas fotos dos xogadores que se sacaron no partido contra o San Antonio onde os xogadores sacaron a súa mellor faciana para lucir na súa foto correspondente. Agardamos que o departamento se poña a traballar canto antes para que vos poidades ver de contado.
NOTA 1 : Sentimos que o noso porteiro Josito saíse en cinco fotos cos ollos pechados. Tentaremos sacarlle outras cinco fotos a ver si nalgunha dá aberto os ollos. Polo demáis, ánimo Josito!
NOTA 2 : Isto vai para todos e para que vos motivedes para o próximo partido. Botádelle unha ollada ó próximo rival que nos visita: o Bugallido, que vén de meterlle 10 goles ó San Antonio, equipo co que nós empatamos na casa duramente. Así que agardo que xoguedes con tódalas vosas forzas posibles para tentar gañar o partido ante un rival forte. Ánimo xogadores!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como no ...
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Bueno, bueno, bueno... Xa era hora de que nos desen unha alegría os Reis Magos de Oriente. E ...


