Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
04

Festas do Carmen 2009 en Cabo de Cruz

festa_do_carme

Nas festas do Carmen, como non podía ser doutro xeito, os de Cabo somos e seremos máis festeiros cás festas, e algún que outro, máis borracho có viño tinto.

Entre as nosas festas, ou romarías, ou verbenas, como queirades chamarlle están as sempre importantes festas do Carmen do 16 de Xullo de cada ano durante moitos anos.

Tamén hai que resaltar o carácter mariñeiro da nosa vila. Esta festa honra a unha patroa, a Virxen do Carmen, que todos agardamos que teña a eses mariñeiros que morreron na gloria máis eterna.

 Nós, pensamos que estas son unhas das mellores festas, e temos que promocionalas ó máximo, pois hai xente que se deixa a pel cada ano pedindo e organizando todo, pois as cousas non se fan soas. ¿Ata onde credes que deberiamos levar estas festas?




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • http://www.boirocidadan.net/asociacions/somos/20/asociaci-n-festas-do-carme-do-cabo-da-cruz Mary Hermo

    Por incrible que parezca a festa do Carme leva celebrandose na nosa Parroquia moitisimos anos, se algún de vós lle pregunta ós seus avos poderán dicirlle moitas cousas.
    Nos primeiros tempos antes de existir a Capela do Carme a Virxe viña en procesión dende o Castro ata o peirao e tiñan gaiteiros e facían unha xornada na que honraban a Patroa dos mariñeiros.
    Quixera saber se a foto é da Festa do Carme daquí, e tamén de que data é, pois levo tempo buscando fotos antigas e a máis antiga que teño data dos anos 70. E como non, se a podería copiar para poñer en cabodecruz.org e en boirocidadan.net na sección das festas do Carme.
    As festas do Carme, o interesante sería elevalas á categoria de festa de interese turistico galego, pero para iso necesitase fotos e documentación datada de moito máis de cincoenta anos, e ista foto semella ser dos anos 50 ou 60.
    As festas da nosa parroquia en xeral levan celebrandose moitos anos, realmente a máis recente é a de San Xoan. E estaría ben que todas puidesen obter esa categoría pero para iso debe conservarse a tradición de celebralas sen deixar ningún ano de levalas a cabo, tamén é certo que o traballo que hai detrás da organización dun festexo destas carateristicas ten detrás un traballo que moitas veces non se valora o suficiente e moitos pensan que as orquestras non cobran case nada pois están anclados noutras épocas cando cobraban tan só a comida e pouco máis. Hoxe en día ter unha orquestra custa moitos cartos, tanto que algúns asustaríanse co que cobran e xa non falemos das grandes como a Paris de Noia, Panorama, Olympus, Philadelphia etc por que iso señores é desorbitante.
    Manteñamos vivas todas as nosas festas, pero lembrade que para iso necesitasen moitos cartos e todos temos que por o noso gran de area, pois as administracións non dan practicamente nada, tan só o Concello que aporta unha pequena cantidade que se pode comprobar nas actas plenarias cando se debate o tema das subvencións, ou que a Deputación che pague unha pequena parte duns gaiteiros, pero nada máis. Os cartos necesarios teñen que saír na gran maioría dos veciños da nosa parroquia e das colindantes, así coma dos comercios que se queren publicitar nos libros de publicidade que se fan, ou da venda de artigos de recordo da festa, e sobre todo do traballo dos rapaces e rapazas que se encargan de percorrer un longo camiño ata conseguir todos os fondos necesarios; que a xente non pense que é fácil pois non resulta doado.
    Eu pregúntome ¿que pasará cando os directivos da Asociación Festas do Carme do Cabo da Cruz presente a súa dimisión, tras 8 anos de traballo?

    Un saúdo e noraboa á Directiva da Asociación FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ, que son os que coñezo persoalmente e sei o duro que traballan. Pero tamén darlle a noraboa a todos os demáis organizadores das festas do Castro de de San Xoán.