Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
11

Festa do mexillon 2009 en Cabo de Cruz

Non vos preocupedes, xa chegou, xa está aquí, non faltou. A Festa do Mexillón 2009! Wellcome, Benvenuto, Willkommen, Bienvenue, Benvidos todos a esta nova Festa do Mexillón que se celebrará os días 14 e 15 de agosto, ou sexa, dentro de catro días no emblemático peirao do Cabo da Cruz, onde non pode faltar ninguén! Estará á vosa disposición un grupo de xente para que non falte de nada: un pouco pan, un bo viño e o preciado molusco: o mexillón. Iso si, mexillón galego, da nosa ría, daquí, do noso, do de tódolos días, de factoría propia. Nada de importacións.

mexillons_en_salsa

Estamos engrasando os motores entre diversos puntos, sectores e entidades da vila e arredores para que esta nova festa sexa todo un éxito. Para que a xente se sinta coma na casa. Para que todos vos levedes un magnífico recordo de nós. Para que fagamos do mexillón un producto que nos identifique no mundo. Para que o ano que vén non collades na festa. Para que todos e todas poidamos disfrutar ó máximo!

» ¡Vinde todos a «mangiare» o noso «bello» producto «intarnasional»! «

Todo isto dará comezo o día 14 ás 12:30 hora local. Dende ese momento teremos diversas actividades para todo o mundo como poden ser: xornadas culturais, mostras etnográficas, concursos, degustacións, … Todo isto, como non podía ser doutro xeito, relacionado co mundo do mar e da pesca. Amosaremos tódolos recunchos dunha cultura mariñeira que nos fai grandes, veredes exposicións de todo tipo de embarcacións, aparellos e ferramenta do mar para que ninguén esquenza de onde vimos, e tamén cara onde imos. Neste mesmo día tamén haberá algunha conferencia para que non queden dúbidas de todo isto que estamos a facer, e de todo o que rodea o mundo do noso producto estelar.

en-escabeche

Estade todos atentos, os que teñades man na cociña, porque terá lugar un concurso sobre receitas con mexillón onde te poderás levar moitas cousas: un premio que che destaque como bo(a) cociñeir@, o aplauso da xente e a degustación dos pratos de mexillón (organiza A Unión). ¿Qué máis se pode pedir? Ó remate teredes por un mísero euro unha boa ración de paella, e de mexillóns ó vapor. Para mober a cea no estómago non nos ha de quedar outro remedio máis ca bailar a música que correrá a cargo dos Armadanzas e Azúcar.

os-armadanzas

Xa no outro día, o 15, haberá o que todos agardamos dende o día anterior: a degustación do mexillón. Ó pé de cinco toneladas darán cabida a esta festa para que ninguén quede sen as súas racións do producto elaborado en distintas clases. Ahí é onde terás a oportunidade de saber do que é capaz este rei da festa para atraer o teu padal á nosa terra, que é onde mellor se pode degustar.

Anotar tamén que hai uns cantos restaurantes no concello que entre o día 10 e 16 deste mes (xa levamos un día), ofrécennos unha selecta comida do noso bivalvo para que ninguén pase sen probalo e quedar marabillado coa nosa gastronomía.

mexillons_vinagreta

Agora si que xa non tés excusa para non vir ó Cabo da Cruz, senón que entre as nosas praias, a nosa tranquilidade, a nosa comida, a nosa xente e todo o que te podes atopar aquí, de seguro que farás do Cabo o teu lugar de descanso habitual de ti e os teus.

Ah, e… ¿Tés algunha proposta para esta festa? ¿Sabes dalgunha receita segreda e quéresnola mostrar? Xa sabes que estamos á túa disposición para calquera comentario, suxerencia, crítica ou opinión sobre nós. Anímate!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Festa do Mexillón, Festas, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: