Escolas baleiras pola defensa do noso idioma
Como todos sabedes e dende fai xa tempo, o día de onte, 21 de xaneiro do 2010 foi un día en defensa dos nosos dereitos e en defensa do noso legado: do idioma galego. Todo isto veu a conto dun decreto que foi creado polo actual goberno da Xunta e onde as bases dese decreto foron rexeitadas pola meirande parte dos galegos, entre os que destacamos a Real Academia Galega – como organización, entre outras - e tamén foron rexeitadas polos milleiros de persoas que se achegaron á cidade de Compostela para mostrarse contrarios á política lingüística deste novo goberno.
Nos nosos colexios e institutos, cífrase de entre un 80 e un 90 por cento do profesorado que estivo ausente nas aulas. Gardando sempre así os servizos mínimos que fixeron posible que os poucos rapaces asistentes á docencia, puidesen ter un desenvolvemento das actividades do máis cotidián posible. No Cabo da Cruz, segundo o xornal La Voz de Galicia (non segundo a xente do Cabo), un corenta por cento dos rapaces faltaron ás clases. Tamén no instituto Praia Barraña, de 365 matriculados, tan só houbo 30 alumnos no centro, isto é un 8.2 % de asistencia.
Isto ten un reflexo claro na nosa sociedade: o rexeitamento do decreto plantexado polo goberno de Núñez Feijoo. Onte, o persoal docente galego, os alumnos galegos, e a xente que quer vivir e aprender en galego, dixéronlle ó señor Feijoo que non están dacordo coa súa maneira de facer política lingüística, que non queren que tan só un tercio das clases se impartan en galego, que non queren que un tercio das clases se impartan en inglés. Pois si xa é complicado atender a unha clase onde se fala galego ou castelán, a complexidade duplícase ou triplícase á hora de preparar unha asignatura en inglés. É máis, non existe unha caixa de pandora para sacar mestres que dominen o inglés coma para dar a súa asignatura/s en dita lingua. Non é viable este decreto.
¿Qué pasa con Google?
Como todos ben sabedes, esta web está feita íntegramente en galego, xa que a meirande parte da xente do Cabo da Cruz é galegofalante, ou como nós dicimos: falamos o jallejo. Pois si buscades esta web no máxico buscador, fixádevos que á dereita da entrada pon a peculiaridade de Traducir esta página. Lamentable é que unha empresa destas características non saiba distinguir que un galego é capaz de ler en galego e tamén en castelán.
Como podedes observar, CaboDeCruz.Net, páxina en galego hai que traducila. Pola contra, www.ligaact.com, páxina en castelán, hai que entendela. Por iso, dende aquí queremos que o ollo de Google nos vexa para dicirlle que os galegos sabemos do noso idioma, e tamén sabemos castelán, que aquí non hai que traducir nada. Se queremos traducir, sabemos todos que tendes unha ferramenta marabillosa como é o voso traductor.
En fin, agardamos que o noso idioma non sexa un atranco, senón unha vantaxe para todos e todas, e quen non o saiba, animámolo a que o aprenda, pois aprenderá así a nosa cultura, entenderá á nosa xente, saberá algo máis da nosa terra. Xa que os idiomas son unha riqueza inesgotable de recursos que todos e todas debemos protexer, e máis os responsables diso en cada momento.
E ti que opinas?
Artigos relacionados :
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Uxío NovoNeyra, un domador da arte escrita gal ...
Este próximo Domingo 18 de Outubro sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 h. da ma ...
O outro día decidimos poñer aquí unha nova referente ó día das letras galegas en Santiago de Com ...
Nas axudas da Xunta de Galicia ó idioma galego deste ano, o orzamento veuse mermado nun 35%. ...
Quixera anunciar un acto que se vai celebrar en Ribeira este próximo sábado 3 de Outubro de 20 ...





A min pareceme ben que o buscador google poña o carón do enlace o texto Traducir web, xa que eses resultados tamén os ven xente de fora de galiza, e compre que se lle de a oportunidade de traducir ó galego a nosa web de Cabo.
O problema está na localización xeográfica da persoa que está a buscar no google… é dicir, ó igual que localizan a nosa IP para ofrecernos publicidade de fermosas rapazas que nos queren coñecer da nosa comunidade, ¿PORQUE non cando buscamos dende dentro da GALIZA neste buscador, o galego NON APARECE COMO UN IDIOMA NATIVO XUNTO CO CASTELÁN!? Hai algo que falla. Non SI? ¿É este un buscador Bilingüe?