Entrevista a un futbolista do Cabo da Cruz

Foto: La Voz de Galicia.
Roberto Martín Vila Fungueiriño é un xogador do Cabo da Cruz dende xa fai algún tempo que comezou na categoría xuvenil, e agora atópase na senior encabezando o equipo da nosa vila, que como xa saberedes son líderes da súa competición ligueira. A Voz de Galicia fíxolle a seguinte entrevista:
-O equipo non ten medo a descender de categoría, ¿non?
-Imposible. Estamos en Terceira Autonómica, o último banzo, pero a ninguén lle gusta estar abaixo e intentaremos chegar aos primeiros postos.
-¿Como foron os seus anos en xuvenís?
-Bastante ben, aínda que por unha serie de lesións deixeino. Agora volvín a empezar de novo.
-¿Que lle convenceu para regresar ao fútbol?
-O meu irmán, que está agora de porteiro, e un amigo que xoga de central. Este ano hai un bo equipo e decidinme a volver xogar no Cabo.
-¿Que satisfaccións obtén deste deporte?
-Facer deporte e coidarse un pouco para estar en forma, que iso sempre é bo. Ademais, anima competir por estar de líder. É un aliciente máis.
-¿Que é o máis difícil? -O máis duro do fútbol son os adestramentos, dan un pouco de preguiza, xa que os tes que compaxinar co traballo, pero se queres estar un pouco en forma tes que adestrar.
-¿Que expectativas teñen? -Altas. Temos dous equipos ben compaxinados e cun grupo de xente moi unida. Hai calidade e quedaremos entre os tres primeiros.
En fin, aquí tendes esta entrevista a un xogador da plantilla que se mostra optimista coa nova traxectoria que pode tomar o noso equipo de fútbol. Agardo que estas espectativas reflictan no seo do vestiario para que así poidamos ver ó Cabo da Cruz un chanzo máis arriba.
E qué opinades? Pensades que o Cabo vai ascender de categoría? Queredes puntualizar algo? Xa sabedes, a vosa opinión conta, porque un pobo con opinión é un pobo vivo!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Desta vez o encontro non se puido rematar como é debido por unhas molestias que sufriu o colexia ...
Para a nosa sorpresa, hoxe esfollando o xornal da Voz de Galicia, vimos unha entrevista ...
Lendo o xornal de hoxe, pareceume interesante poñervos esta entrevista do presidente da Asociaci ...
De sorte estamos no Cabo da Cruz vendo como o noso deporte se consolida cada vez máis, sexa ...


