Entrevista a Mila, presidenta da Comisión de Festas de Cabo de Cruz

Hoxe temos a honra de contar con Mila, a presidenta da Comisión de Festas de Cabo de Cruz.
Para o que non a coñeza é unha moza crucense que conserva toda a súa xuventude para que cada
ano a nosa vila teña unhas festas do mellor. E ela máis ca ninguén sabe o traballo que dá e
tamén o sacrificio que hai que facer desinteresadamente por e para todos. Dende o seo da
comisión: Mila.
Ola presidenta, qué tal as festas deste ano?
- hola a tod@s!!
Bueno podese decir que ó final, pese as intempestades do tempo, en xeral, os festexos remataron ben, e
con bastante boa aceptación entre a xente. Sabemos que tamen temos críticas, pero eu creo que incluso é
bo que as haxa, claro está, sempre e cando sexan con fundamento, xa que nos axudan a mellorar.Fainos unha valoración do un ó dez.
- Non podería facer unha boa valoración porque eu son demasiado perfeccionista e cando algo sae mal, sexa pola nosa parte, sexa axeno a nós, non podo valorala ben. Sei que contra o tempo nada temos que facer pero para a miña opinión desmereceu o que tiña vista de ser unha moi boa festa para todos o xoves. A pesar de que ó final todo saeu ben, para min xa quedou marcada negativamente.
Se puideses trocar algo con respecto ás festas, en qué meterías a man?
- Se puidese meter as mans meteríaas nas nubes para arrastralas, jajaja. Cando estan transcurrindo as actividades sempre pensamos «e si huberamos feito así», «e si huberamos cambiado esto» e a xente tamen nos di cousas como «e pudestedes facer esto e o outro», pero eso sempre pasa. Creo que cambiaría moitas cousas e á vez non cambiaría nada.Para este tipo de festas, con canta antelación comezades a preparación dos eventos? Pódese
dicir que xa estades pensando nas festas do ano que vén ou podedes darvos un merecido descanso antes de continuar?
- Probablemente descansemos «un pouco» (Xa que estes días estamos ca devolución de bebidas,
neveras,barras, pagos etc), para a semana xa teñamos contacto co axente das orquestas para cerrar o próximo ano e ó pouco xa empezaremos ca campaña do nadal vendendo a lotería, pero bueno levase con moita mais calma.Pódesnos desvelar algún segredo para as festas do ano que vén?
- Non nos gusta desvelar moitos segredos porque poden estar suxeitos a cambios inesperados como é o caso do próximo ano. Como algunha xente sabe, temos dende o ano pasado reservadas dúas orquestas das grandes.Pero posiblemente haxa cambios, xa que a festa o ano que ven cadra en fin de semana e dispárase moitísimo o presuposto polo que temos que facer demasiados números, ós que creemos que son IMPOSIBLES de chegar.Por eso non queremos desvelar nada, ata que fixamente para a semana cerremos as orquestras.Qué tal se porta a xente á hora de doar cartos para as súas festas?
- Non nos podemos queixar, hai quen axuda mais e outros menos pero o importante é colaborar.Recibides malas contestacións cando chegades a pedir?
- En xeral non, pero Hai de todo. Os das malas contestación son os mesmos tódolos anos. Nós cando chegamos a pedir a unha porta xa sabemos o que nos espera. Esto é como o de Eurovisión, cando Urribarri adianta a puntuación que vai levar un país ou outro segundo anos anteriores. Pois a nós pasanos igual, a veces sabemos o que nos van contestar xa de anteman. Pero bueno, esto é unha mínima parte da xente, polo resto da xente sentímonos apoiados.Nótase a crise neste ano á hora do peditorio?
- Como xa comentei antes, nós nos temos queixa, mais ou menos seguimos recadando o mesmo de tódolos anos,sabemos que esa cantidade non se vai a incrementar moito mais porque é moi difícil, pero o importante é non baixala. O único problema é que as orquestas duplican o precio e eso conleva que nós temos que traballar o triple para cubrir o presuposto.Dados os acontecementos do partido de solteiros contra casados deste ano, ides a tomar algún tipo de medida para o vindeiro ano? Por certo, o de solteiras, todo un éxito.
- Non sei, so estivemos comentando entre nos pero nada mais. Verémolo o ano que ven. De todos xeitos sabemos que a xente non fixo comentarios e as protestas con mala intención senon que polo afán de ganar olvídanse da coña que debería conlevar este tipo de partidos. O das mulleres foi todo un éxito porque realmente as mulleres portáronse todas coma campeonas, a pesar das carencias de moitas delas para xogar ó futbol, foron a divertirse, esqueceronse do sentido do ridículo, e o que conseguiron, foi pasalo ben, transmitindo tamen esa diversión ó público asistente.Envíalle unha mensaxe á poboación indicándolle qué significado debe ter un partido de solteiros contra casados:
- Para nos un partido deste tipo debe ter rivalidade entre ambos equipos, pero sana, e sobre todo ten que haber coña e DIVERSIÓN.
Dadas as circunstancias do mal tempo no primeiro día das festas, houbo que tomar unha decisión: facer un día máis de festas que foi o venres 23, o que supuxo organizar unha noite de verbena con tan só unha semana de marxe. Isto tradúcese en colocar carteis, anunciala, contratar orquestas, etc. Isto danos a impresión de que hai moita unión no seo da comisión e que non hai nada que vos pare. Cóntanos cómo se ven as cousas dende dentro?
-O día que choveu estabamos todos bastante decaídos e disgustados. Hai que ter en conta que estivemos traballando parte do ano, para que a choiva estropee todo en unhas horas. E logo ter que pensar nos gastos que incrementan o ter que facer festa o venres, pero enseguida nos puxemos todos en marcha. Somos un grupo cos seus mais e menos, coas discusións normais dunha asociación, sobre todo nos días previos á festa por mor dos nervios que nos acarrea a festa, pero ó final compartimos entre todos esa sensación de que todo sae ben e de satisfacción personal que fai que cada ano tiremos do carro. Somos un bo grupo.Fainos un balance económico deste ano de festas, houbo perdas por mor do tempo, pola xente que non se entregou como debería? Ou pola contra seguen as contas con luz verde para o ano 2011?
- Non tivemos perdas pero as contas quedaron mais axustadas do que nos quixeramos. Contabamos coa cantina do día 15 de Xullo, xa que considerabamos un día forte en canto a xuventude e consumo de bebidas e pola contra saleunos todo ó reves, non so non tivemos moitos beneficios ese día, senon que nos aumentaros os gastos ó ter que facer a festa o 23, pola contratación do duo, os gastos de transporte e montaxe da orquestra, alquiler de xenerador, seguro da festa, etc.Eso fixo que os cálculos que tiñamos para apaliar as diferencias desorbitadas de precio das orquestras para o ano que ven,se nos viñesen todos abaixo.Sabemos que sodes xente nova, pero aínda así todos tedes os vosos traballos (afortunados que sodes), todos tedes unha casa que limpar, unha familia que atender, algúns rapaces que coidar… Parece que é unha tarefa de titáns. Ata cando agardas estar ahí ó pe do canón? Xa che digo que por min ata a xubilación e moito máis.
- Xa me plantexei mais dunha vez o de abandonar o buque, de feito no 2006 fixemos un pequeno parentese pero acabamos volvendo. Non sei ata cando vou ou imos seguir, pero o meu retiro non creo que esté moi lonxano, uns aniños mais e darei paso a xente nova con novas ideas. As veces poñome a pensar si a xente non estará cansada xa de vernos ós mesmos e penso «temos que darlle a oportunidade a outra xente» porque si cadra poden facelo mellor. A min gustaríame
que aparecese alguén e dixera que quere coller as festas,pero por suposto que traballase tanto coma nos para seguir tendo boas festas. Doeríame que despois de todo a traballo que fixemos ó longo de todos estes anos, e conseguir que as festas do Cabo se coñezan en moitos lugares de galicia, se viñera todo abaixo. Eso creo que é o que fai que sigamos tirando ano tras ano.Qué significa para ti o día do Carmen? Pensas que a Virxe é a que vos dá folgos para organizala festa?
- Para min é un día moi especial, non sabería como describilo. Xa dende moi pequena me encantaba ir na procesión e todo o que tivera que ver con este día, supoño que nun pobo de mariñeiros coma este, no fondo tes un pouco de fe na virxe.
De todos xeitos eu cando empecei a organizala non sabía moi ben a que me enfrontaba, e foi mais que por fe, porque quería que non se perdese a tradición da nosa festa ese día. Para min foi todo unha aventura.
Logo xa metida no allo, oín un comentario eu mesma nun bar cando un home lle dixo a outro: «estes son catro gaiteiros que andan a pintar o indio», collin forzas e rabia e dixen «esto vai salir, coste o que me coste». E o primeiro ano costou moito pero non podedes imaxinar a satisfacción que teño cada vez que acaba a festa e moita xente nos felicita por todo. Volvo a recordar aquelas palabras e fai que sinta orgullo, de todos os que formamos parte da comisión durante todos estes anos, xa que demostramos que os gaiteiros tamen poden facer boa festa.Xa case por último, quería felicitarche pola túa canción xa mítica das nosas festas: A Pomba Dourada. Sabemos que é un clásico entre nós, pero din as malas linguas que vas a ampliar repertorio en vindeiras ocasións, é certo iso?
- O meu repertorio é mais amplio, pero non sei porque a xente sempre acaba pedindo «a pomba dourada». E non vaides a pensar, ainda que eu pareza moi sinvergonza, teño moitísima vergoña e enriba do palco cos nervios bloqueome e non me acorda ningunha canción.Este ano, no último día do venres 23, veu un dúo que nos fixo bailar coa súa música ata caer de cu. Para ser tan só dúas persoas armárona ben armada como a ocasión o merece, pero… Non cres que ti e mais Samuel teríades tamén moito que dicir en canto a dúos? Xa que o video que hai nesta web deixa a Pimpinela á altura do betún. Animádesvos a darnos aínda que sexa media hora de música para as próximas festas? Queda firmado aquí iso?
- jajaja, teño que recoñecer que o día de Pimpinela con Samuel paseino moi ben, é todo un artistazo. Pero ten que actuar quen sabe deso.Para facer unha broma así de 5 minutos está ben, pero para mais non. Eu penso moitas veces que a xente xa ten que estar aburrida de verme enriba do palco todolos anos,pode resultar bastante cansino.
A min dende logo parecemo. E moitas veces ainda que non o creades costame subir, porque non me gusta facerme pesada, pero non soporto tampouco facerme de rogar,non me gusta que estén media hora tarareando o meu nome.
Así que tendes que ir cambiando de actuación estelar algún ano para que non se faga moi repetitivo.
Pero bueno, de todos xeitos recoñezo que con Samuel e ca orquestra Jerusalen divertinme moitísimo no palco.Hai algo que me esqueza de preguntarche e se cadra que nos queiras contar?
Seguramente nos quede algo no tinteiro pero creo que está un pouco resumida a nosa labor dentro desta entrevista.Por último Mila, quero agradecerche no nome de toda a dirección de CaboDeCruz.Net, non o teu, senón o labor de toda a comisión de festas de Cabo de Cruz. E xa sabedes que para o que faga falla estamos aquí á vosa libre disposición como medio de comunicación que somos. Tamén animamos a que a xente se una e se involucre nesta actividade que nos beneficia a todos e tamén que se apioen as nosas festas, xa que o día que vós faltedes, vai haber un antes e un despois nas Festas do Carmen.
Moitas gracias.
- Moitas gracias a vos. So nos queda dende a asociación mandar o noso agradecemento de todo corazón a tódalas persoas que nos dan mostras de cariño, e fagamos o que fagamos sempre nos apoian e nos fan sentir que todo sae ben, a todos os que colaboran con nos dun xeito ou doutro e a todos os que fan que cada ano a nosa festa cobre mais importancia.
¡¡GRACIAS A TODOS!!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Ca ...
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comen ...
Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as F ...
Os veciños de Boiro espabiláronse e decidiron crear un minidebate na rede de Facebook para d ...
Agardei ata hoxe para poñer esta entrada, xa que máis de un estabamos de resaca do último dí ...


