Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Feb
13

En abril xa se poderá mariscar o longueirón nas praias do Cabo da Cruz

longueiron

O longueirón. Un producto un tanto descoñecido nos locais hostaleiros da zona, é un aliciente á nosa gastronomía polo seu parecido razoable coa famosa navalla. Son similares, tan só que a navalla ten unha forma curva e o longueirón é recto. Porén, a entidade mariscadora do Cabo da Cruz chegou á decisión de que a campaña de recollida desta especie comece no mes de abril.

Segundo as aclaracións de Carmelo, o noso patrón maior, a recollida do bivalvo fai que os mariscadores saquen así un pequeno soldo a maiores, enrriba do soldo obtido pola recollida da ameixa. Tamén indicou que a campaña pasada tivo éxito, pois chegou a venderse a uns 3 € o quilo e púidoselle sacar a rendabilidade debida.

Esta especie recóllese, segundo o patrón, para preservar así os bancos de ameixas, pois antes a xente podía ir á praia e recoller o longueirón libremente. Namentres que agora, a súa captura está só indicada para o persoal da confraría.

Os mariscadores (que non son moitos) que se adican a extraer este marisco, fano con sal, xa que coa espita temen rompelo e que despois non lles sirva para a súa posterior venda e facer así deste producto un novo medio de explotación dos nosos areais.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cofradía de Pescadores, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Xosé

    Que bos os longueirós!! é un dos mariscos que máis me gusta!! Á prancha cunhas gotiñas de limón están boísimos!!

    Alégrome que xa se podan coller.

    Saudos

  • Xoan

    A verdade é que si Xosé, están boísimos, pero o de collelos tan só queda restrinxido ós mariscadores da confraría. Cousa coa que estou en total desacordo porque eles non sementan nin tratan de ningún xeito este tipo de marisco. É un chegar e coller porque sí. Antes, cando era cativo, recordo de ir a apañar algún longueirón e comelo sen problema, pero agora, como xa todo é dos da confraría, xa non se poden coller. É un xeito de acaparar tódolos productos naturais das praias e apropiarse de algo que non lles pertence. A parte, cóllenos con sal e non coa espita, por non rompelos. Isto indica unha cousa: que son longueiróns de tamaño pequeno e que os collen onde o mar non cubre, xa que os que eu collín de toda a vida foron coa espita e onde o mar cubre, e asegúrolles de que ningún me rompía, pois o tamaño do producto era considerable.
    Dende aquí pídolles ós señores da confraría que non se apropien tanto do marisco que eles non sementan, e se eu quero coller uns longueiróns, que non veña ninguén a dicirme o que teño que facer con algo que é de todos, xa que como ben dixo o patrón maior, cólleno para ter un soldo extra.
    Máis nada, un saúdo!