Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
26

Emision do curto gañador de Toño Chouza en TCM

cortocalido0

Como podedes ver, o curto gañador do certame «El corto y cálido verano» de Facebook, foi o de Toño Chouza, o cal xa vos mostramos aquí para todos aqueles que o puidesedes ver. Agora, vano a emitir na canle TCM (en dixital ou en R), xa que como podedes ver aquí a emisión será o domingo 29 de agosto a partir das 6.30 da tarde durante todo o dia, facendo un especial con entrevistas ós directores e a emisión de curtametraxes, entre elas a de Toño.

Agardamos que os máis rezagados poidades disfrutar agora, dun curto gañador, dun cine de calidade creado pola xente de Cabo de Cruz. E como non, que apoiedes sempre ós veciños, xa que con cousas coma esta fan grande unha vila coma a nosa.

Asi que xa sabedes, o domingo 29 de agosto ás seis da tarde, poderedes ver a estrea de «Por la mañana«. E si queredes ver un adianto, visitade esta web para ver ós gañadores de dito concurso. Non faltes!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: