Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
13

Eleccións na asociación de veciños do Cabo da Cruz

eleccions

O vindeiro día 24 deste mes dase por rematado o mandato na Unión. Ese mesmo día darase pé a unhas novas eleccións para trocala directiva e o goberno desta asociación local. O colectivo de socios da entidade está convocado por Benigno Sánchez a unha xuntanza no local de Amebarraña en Curbera. Alí o presidente da Unión presentará a súa dimisión e darase paso ás eleccións. Por outra banda, na asamblea presentarase tamén o balance de contas correspondente ó ano 2009 e darase paso a posibles rogos e preguntas.

Agárdase que vaian tódolos socios para este acto tan importante e tamén se anima á xente a que se comprometa co tema do Cabo da Cruz. Sería un bo síntoma que cada vez sexa máis xente a que se comprometa con esta inciativa de fai anos e que sempre loitou polos intereses da nosa vila.

E como non, animar a que novos dirixentes e equipos de goberno se presenten ás eleccións para poder así entre todos facer do Cabo un lugar mellor, xa que a competencia fomenta a actividade. En fin, agardámosvos a todos o día das eleccións e que gañe o mellor.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: