Durmir ata fartar

Este podería ser un bo lema para a xente que traballa e que se ergue moi cedo cada mañá para chegar ó seu posto de traballo, ben sexa polo atasco, polos cativos que hai que mandar á escola, etc. Porén, durmir algo máis da conta sempre se agradece polo descanso que se lle dá ó corpo.
Pero non é así en Inglaterra onde unha nena padece o síndorme de Kleine-Levin que a fai durmir unha morea de horas. Todo comezou despois dunha gripe que padeceu Louisa, a nena que padece dito síntoma. Despois de andar con ela de hospital en hospital, a conclusión foi a desta extraña patoloxía desenvolvida no seu corpo.
A cativa adoita durmir unha media de 22 horas ata que seus pais a espertan para darlle algo de comer, levala ó aseo e logo para a cama de volta outra vez. Afírmase que mesmo chegou a durmir ata 10 días seguidos. O que provoca esta enfermidade son alteracións tanto neurovexetativas como psicopatolóxicas que fan que Louisa non se acorde de nada cando esperta do seu profundo soño.
Penso que isto lle viría ben a alguén do Cabo da Cruz, pero de momento, coas oito ou nove horas recomendadas imos mellor e vivimos bastante máis, se cadra.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Tranquilos todos que non é no Cabo da Cruz, pois aquí temos un pouco máis de civismo á hora de f ...
Parece unha coña, ou unha broma con cámara oculta, pero é real. Hoxe pola mañá, cando lin o ...
[caption id="attachment_1964" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de C.Queijeiro"][/ca ...
Chegou o momento! De poñer en alto as palabras dunha veciña do Cabo da Cruz que me enviou un cor ...
Nestes tempos, é importante que os nosos fillos saiban de onde vimos e cara onde imos. Esta ...


