Día contra a violencia machista
O día de onte estivo adicado á repulsa pola violencia machista que lamentablemente deixa moitísimas víctimas aínda hoxe en pleno S.XXI. Na cidade da Coruña podíanse ver a algunhas persoas, entre elas nenos que dicían algo moi claro e conciso. Debaixo ides ver o que nos querían dicir.
Isto non só conleva ó estado español, senón que en moitos lugares do mundo, a situación da muller e dos nenos son moi lamentables: violacións, marxinación social, lapidacións, ablación do clítoris, traballos forzados, etc. Todo isto conleva a pensar en qué se está a converter o ser humano, a onde queremos chegar con todo isto?
O máis impactante é que quen dirixe nacións, países, colectivos sociais e conxuntos de xente, a meirande parte destes dirixentes fan oídos xordos de cara a estas escalofriantes noticias.
Dende CaboDeCruz.Net e dende o pobo do Cabo da Cruz queremos botar un berro para que todo isto pare xa!!
Por un mundo máis xusto con cabida para todos e onde os dereitos do ser humano estean por encima dos cartos do poder e de todo o que enturbia a vista de quen pode facer algo. Por iso pensamos que entre todos, a un nivel individual podemos facer que aínda que sexa pouco a pouco isto cambie.
Estaremos orgullosos se este artigo serve para mudar algunha mente, para salvar algunha labazada, para salvar o maltrato, para salvar algunha vida.
Grazas e actuemos XA!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Fai unhas semanas todos quedamos atónitos frente ás nosas pantallas vendo o que lle acontece ...
Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as F ...
Señoras e señores, quén non quer ser diputado co que está pasando hoxe en día neste sector? ...
Non me quedan dúbidas ó respecto de poñer esta tráxica noticia nesta web. Non podo pasar dis ...
Alarmante a noticia que saíu na prensa esta semana onde se afirmaba que o Papa actual estivo ...






