Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
15

Di o concello que agora só serán catro os pasos elevados

badenE isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra, agora o concello de Boiro reduce a tan só catro pasos elevados á altura da acera, e os outros oito irán case ó ras do chan como está o que hai nos semáforos da entrada de Boiro, en frente á farmacia. O alcalde Xosé Deira insta a que isto xa vai estar de contado solucionado chegando así á recta final da discordia.

En resposta ás firmas recollidas pola Plataforma veciñal, o alcalde sinala que xa reduciron o número a seis badéns altos, e agora a catro. Os catro badéns altos estarán situados no centro de saúde , no pabillón de barraña (en construcción) e no centro social do Cabo da Cruz . Un cuarto badén iría á altura de Xión ou en Cariño.

O tenente alcalde Juan Jesús Ares móstrase dialogante afirmando que se vai aproveitar a reunión do seguimento das obras do novo muelle para falar cos colectivos do Cabo da Cruz sobre o tema dos badéns. O líder do PSOE de Boiro comentou que non se quer impor nada e que a fin desta polémica é chegar a un consenso entre os veciños e o concello.

Pola outra banda, a Plataforma para a Defensa dos Intereses de Cabo de Cruz mostraron o seu contento pola mostra de diálogo que ofrece o concello de Boiro e para así poder facer as cousas ó gusto da maioría, ainda que sempre haxa discrepancias en cousas deste tipo.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: