Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Set
04

Desliz crucense na Bandeira da Concha

Finalmente, os nosos remeiros, Campións galegos, non puideron acadar máis ca un décimo oitavo posto na regata da Concha, perdendo así a posibilidade de acadar o pase á final.

A embarcación de Perillo, chegou por detrás de nós, mentras que os de Tirán fixeron un décimo primeiro posto no que marcan a mellor posición dos galegos no País Vasco.

Lembrade tamén que os próximos días 12 e 13, porase en xogo a segunda edición feminina desta bandeira Vasca. Alí agardamos unha grande afluencia de público crucense para apoiar ás nosas remeiras, que xa nos teñen demostrado o que valen en diversas ocasións.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Clube de Remo, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: