Descenso nas colleitas de marisco no Cabo da Cruz

Foto de C. QUEIJEIRO
Esta foi unha mala tempada para os mariscadores do Cabo da Cruz pola baixa nas colleitas de bivalvo con respecto ó ano pasado. Pasaron este ano ó pé dunhas 276 toneladas frente ás 319 do ano pasado.
Toda a xente do mar é consciente das perdas deste ano, pois as 43 toneladas de menos que se colleron este ano fixéronse notar moito nos petos dos mariscadores e tamén na economía local. Nesta campaña obtívose unha facturación duns 2,6 millóns de euros, cando o ano pasado superáronse ben os 3 millóns. Estamos a falar de cantidades importantes que inciden directamente nas vidas da xente que se adica a esta actividade.
Os dirixentes da Confraría achacaron estas perdas a dous principais factores: o furtivismo e tamén o mal tempo que fixo que moito marisco morrese.
O patrón maior, Carmelo, indicou que os bañistas este ano tocaron bastante as praias para levarse unha boa tandada de marisco que a xente do Cabo da Cruz sementa para a súa posterior colleita. Sinalou tamén ás bandas que organizadamente extraen o marisco das praias burlando así a presencia dos vixilantes. Pero matiza que ultimamente o furtivismo descendeu pola presenza do persoal da Xunta de Galicia nas nosas praias.
Os temporais deste inverno tamén foron un bo pau para a materia prima das praias. O patrón comentou que na desemboradura do río Coroño morreu unha chea de marisco, concretamente de berberecho e ameixa babosa debido ás grandes cantidades de auga doce que chegou ó mar.
Finalmente o balance deste ano foi claramente negativo, pero as esperanzas para o ano que ven sempre son maiores, pois isto tense que convertir nun medio de vida seguro e productivo para as familias do Cabo da Cruz. O esmero e adicación da nosa xente de seguro vai facer que este traballo sexa un punto fundamental da nosa economía.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Como moitos xa sabemos, na época do verán producíronse sitaucións nada favorables para a xen ...
[caption id="attachment_1637" align="alignleft" width="222" caption="muelle vello"][/caption] ...
[caption id="attachment_1761" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de S.Balvís"][/capti ...
Segundo as afirmacións na época estival do patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz, o mari ...
Para favorecer ó aumento e tallaxe dos nosos recursos naturais, os mariscadores crucenses i ...


