Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
21

Descenso dos prezos da ameixa fina na lonxa do Cabo da Cruz

ameixa fina

A Confraría do Cabo da Cruz sinala no día de hoxe que no marisqueo de a pé os prezos aguantársonse durante o luns e mailo martes. Segundo as afirmacións de Ermitas Pérez, presidenta da entidade, o berberecho máis caro foi vendido a uns 8 euros con 90 céntimos o quilo, igual có venres pasado. Por outra banda, a ameixa babosa tampouco variou moito o seu prezo de venta, pois entre esta semana e a pasada pagouse a un prezo de entre 10 e 15 euros.

Onde se percibiron variacións nos prezos  dos mariscadores de a pé foi na ameixa fina. A presidenta dixo que caeu uns cinco euros o quilo, pasando así dos 45 € da semana pasada ós 40 € asinados nesta semana. Agárdase que polo menos os prezos se manteñan, xa que tamén se estima que a demanda non descenda nestas datas.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cofradía de Pescadores, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: