Derribos no litoral: para todos igual?
Xa é frecuente escoitar no telexornal de calquera canle da nova TDT as novas relacionadas con derribos de casas supostamente ilegais e que os concellos así por así tiran sen ofrecer nada a cambio. Este é o caso de El Cabanyal, un barrio de Valencia que vai ser derribado para facer un paseo que comunique mellor a cidade coa praia.
Este tipo de actuacións son moi frecuentes sobretodo no Levante español e tamén en certos lugares das Illas Canarias. Pero o enigma de todo isto é que sempre se tiran con casas de xente pobre e que non ten a onde ir, xa que non se adoitan ver grandes megaconstruccións hoteleiras nin mansións con catro ou cinco piscinas, pistas de tennis, etc. Aquí, coma no resto do estado español sempre pagamos os mesmos: os de abaixo. Dahí que a primeira grande mentira que di a nosa Constitución é: «Todos somos iguales ante la ley».

Violencia en directo
Voltando ó caso do Cabanyal vimos como a policía aporreaba ós propietarios causándolle graves lesións en diversas partes do corpo. Posteriormente o informe pertinente dicía que se empregou «la fuerza mínima imprescindible» e que «no hubo personas heridas» a causa da carga policial. No obstante xa son oito as persoas feridas as que denunciaron estes feitos.
Pero todo estaría máis ou menos amañado si cando tirasen coas casas dos pobres lles deran outras noutro lugar. Vale que se terían que amolar por cambiar de lugar, por perder certas vantaxes de vivir nun lugar ou noutro, pero terían un tellado onde durmir sen pasar frío.
E todo isto ven a conto da nosa vila, si, do Cabo da Cruz. Qué pasaría se agora a un politicucho se lle dá por comezar a tirar as casas que estean máis preto do mar? A nosa vila non tería casas. Vemos como en Carragueiros, no Petón, en Bandaorrío, no Corivño, no Campo, etc., hai casas e pisos tocando case co mar. Isto podería pasar perfectamente, polo que hai veces que hai que facerse unha pequena idea na cabeza do que podería pasar.
Pero como antes se dixo algo da Constitución, ímolo reflexar nun claro exemplo no concello de Boiro. Situémonos na Avenida Municipalidad de Avellaneda, ou sexa, na carretera que vai dende a piscina ata a praia e logo chega ata o Camping de Barraña. Temos todos idea do lugar non? Pois agora mirade por ahí o pedazo casas que hai feitas case enrriba do paseo marítimo boirense. E curiosamente ó lado non hai ningunha casa que denote un estatus medio-baixo.
Isto é unha mostra máis do poder que pode exercer algunha xente sobre as Administracións e Institucións públicas. Vemos como a lei de Costas tan só se lle aplica ós pobres deixando ós máis apoderados saltar por enrriba dela ás súas anchas. O outro día decidimos saír no noso helicóptero de CaboDeCruz.Net para poder mostrarvos máis exemplos de casas literalmente enrriba da praia:

Google Maps
Aquí podedes ver na carretera AC-305 na dirección Escarabote – Pobra, xusto na curva da Mercede un par de casas de moi recente construcción literalmente enrriba da praia. Os propietarios destas aberracións urbanísticas mesmo presentaron queixas de que lles saltaban os polbos ós cuartos pola proximidade das casas á praia.
É moi lamentable a situación que estamos a vivir, pero realmente o mundo é así. Cando un é xoven pensa que as cousas poden cambiar, sae mesmo unha vea revolucionaria, pero co paso do tempo e dos anos, dámonos conta de que isto está montado así, que o mundo está feito para uns moitos nos amolemos e darlle así mellor vida a uns poucos.
Para rematar, quixera poñervos aquí algún enlace dun grupo madrileño que naceu en Vallecas, eles chámanse Ska-p. Non pretendemos que vos guste a súa música nin que sexades fans, pero sí que vos imos a pedir que escoitedes as súas letras que expresan claramente o que é o mundo real. A tema de hoxe, desta carga policial inxustificada temos o tema de romero el madero. Logo, para que os nosos dirixentes fagan leis que cumpra todo o mundo, para que non se olviden de que se nós non existimos, eles non terían sentido, tamén imos mostrar outra canción deste grupo chamada Bla Bla Bla.
Finalmente agardamos que vos gustase este artigo e que opinedes ó respecto sobre estas cuestións, sobre as leis do solo, de protección do litoral, sobre os que se saltan as leis, sobre o que queirades. Para iso estamos!
Agardamos que este pequeno artigo sirva para algo, para reflexión, para que pensedes que as cousas son moi complicadas, pero que hai veces que hai xente en peor situación ca nós. Dende CaboDeCruz.Net agardamos que a xente do Cabanyal teña un sitio onde poder vivir, xa que as súas casas xa pasaron á historia. Lamentable pero certo.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Fedellando polas entrañas da rede por algo que sabía que existía, finalmente dei co presunto tes ...
Esta nova chéganos dende Murcia onde fai uns meses comezouse levantar o terreo para construir ...
Como xa é frecuente en Cabo, as disputas e faladorías, sobre o plan parcial que o concello de Bo ...
Como non podía ser doutro xeito, a dirección desta páxina web de CaboDeCruz.Net quer mostrar ...
Ó comezo desta obra todos viamos nela algo cheo de melloras e de prosperidade para o Barbanza e ...


