Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
18

Cures 1 – 2 Cabo da Cruz

Os do Cabo da Cruz A, si que fixeron os deberes en terreo do Cures no campo de Pomardorrío cando se impuxeron dous tantos a un a un cures que agora fica no quinto posto da táboa. Máis de cento cincuenta persoas acudiron ó encontro para presenciar unha nova victoria dos crucenses que asentan o trono da liga unha vez máis.

A estrela goleadora do Cabo da Cruz foi sen dúbida Maicon que se encargou de botar o partido ó lombo anotando así os dous goles favorecedores da formación que dirixe Juancho. Os goles crucenses chegaron nos minutos 25 e 60 por parte do xogador crucense, e logo remataba o marcador Sebas por parte do Cures sentenciando o dous a un final.

Sebas, foi o que tamén no minuto oitenta rompeu o cóbado esquerdo cando chocou contra un defensa e o porteiro do Cabo da Cruz. Grave lesión que o vai apartar dos terreos de xogo algún tempo ó xogador do Cures.

Para que vexades quen manda na terceira autonómica do grupo 8 aquí vos deixo os resultados desta semana cos novos partidos da vindeira xornada, así como a clasificación da liga:

clasificación




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: