Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xul
11

Crónica do partido: Solteiros vs Casados

futbol

Todo comezou a iso das 7 da tarde no campo de fútbol de Valiño cando chegaron os solteiros para enfrontarse ós casados nun partido que deu moito de si. Algúns dos compoñentes dos equipos eran, por parte dos solteiros:

Ander, Elías, Leisy, Marcos, Taja, Mara-J, Adri, Yosi, Super, Uxio, Prol, Peche, Porrón, Candiño, Cimpi, Samu e algún máis.

Colexiados: Benjamín, Rauliño e Sicuta (ou algo así) de linieres.

Por parte dos casasdos:

Mingos, Manolo, Lomba, Japi, Román, o Pajero, Juan, Faxán, etc.

Como podedes ver, non nos acordamos de todos os que xogaron, asi que si queredes comentar e anotar cousas que se nos poden escapar, non dubidedes en entrar e comentar.

Todo comezou coma un partido aparentemente normal, cando no descanso iamos xa cun resultado de 1 – 1, nada en comparación co ano pasado. A tarde estaba moi soleada, polo que refrescarse e facer algún ca outro cambio nunca viña de máis. Pero na segunda parte caldeouse o ambiente e as tornas cambiaron.

Tras unha arbitraxe máis ca dubidosa do árbitro en funcións comezaron as protestas e os piques. Dunha simple protesta pasouse a palabras maiores e dahí case ás mans. Co cal o partido foi suspendido cando faltaban tres minutos para a súa conclusión. Isto débese a que a xente tómase este partido coma se lle fose a vida nel e non coma un partido entre veciños que se fai únicamente para pasalo ben e rirse un pouco.

Cabe dicir que despois de moitos anos, os solteiros fixémonos coa victoria nun campo tremendamente difícil onde o ano pasado xa perderamos por 6 ou 8 a dous (unha pallera por parte dos casados). Este ano, os campións foron os solteiros gracias ó xogo de Adrián que fixo dous tantos a favor dos solteiros, un deles de falta directa á escadra.

Despois os goles dos casados marcáronos Román e Japi de penalti máis ca dubidoso. En fin, un encontro que polo xogo estivo bastante ben, pero polo resto deixou moito que desexar sobre as actitudes dalgúns xogadores e árbitro.

Agardamos que para o ano que ben isto non se convirta en algo persoal nin moito menos, xa que a deportividade e o ser ben levados non custa nada, e para máis en época de festas como son as Festas do Carmen de Cabo de Cruz.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Debo recoñecer que foi un partido que semellaba moito máis, é realmente do que se trataba era de pasalo ben, daba igual quen gañara por que o importante era divertirse e xogar sen máis rollos nin estrictos co regulamento futbolístico.

    Disfrutei moitisimo máis co partido «Solteiras Vs. Casadas» onde si foi unha diversión para as persoas que xogaban e tamén para os espectadores, e o resultado final foi Solteiras 1- Casadas 2.

    O que se trata neste tipo de partidos é divertirse sen importar quen gañe, e de rir, confraternizar cos amigos e veciños, así de simple.

  • Xoan

    Estou totalmente dacordo conitgo Mary, as cousas fanse para pasalo ben, disfrutar e rirse un pouco, pero non se fan para dar o cante que se deu o sábado pasado. E dende o meu ver, moito mellor o partido das mulleres, iso si que é ter toque e o demáis son contos. Foi todo un acerto e un éxito o partido feminino, si señor. Noraboa á comisión por este tipo de entretementos que serven para que toda unha vila disfrute das nosas festas.
    Saúdos!