Crónica do partido Cabo de Cruz B – Val do Ulla
Vou redactar a medias este novo artigo, xa que acudin a dito partido como espectador:
Todo comezou no martes da ponte da Constitución onde ás catro da tarde se xuntaba a nosa formación do Cabo de Cruz B para enfrontarse ó Val do Ulla. O encotro semellaba normal, cun colexiado próximo ós dous clubes, polo menos cando antes do partido se comentaba o fútbol entre o delegado de campo e o fisioterapeuta auxiliar do Cabo da Cruz B, o colexiado e mais o entrenador do Val do Ulla. Todo normal.
Comeza o partido, e na primeira fracción da primeira metade, os nosos adiántase no marcador establecendo o un a cero que nos levou ó descanso despois dunha primeira parte un tanto empatada en canto a xogo e sen problemas aparentes.
Ó comezo da segunda parte parece que se trocou o partido totalmente.
Deixo a parte a lesión do noso compañeiro Alberto «O Zimpi», e dende aquí agardamos todos que voltes de contado con nós, pois a túa calidade e maxia no campo é fundamental para o desenvolvemento do xogo de Fachuco. Ánimo Zimpi!
Pois na segunda metade, o colexiado parecía que tan só vía polo ollo do río Ulla deixando pasar faltas clarísimas ó noso equipo e mesmo anulando un gol claro que deixaría o dous a cero. Pero contra o final do encontro, como se vía que os visitantes por moito que atacaban, a portería crucense estaba a salvo cunha sólida defensa e cun Josito formidable, o árbitro comezou a facer das súas. Así, de golpe expulsou a: o entrenador Fachuco, Adrián, Chaparrito e Pechu. Sen máis, tan só por preguntarlle se o que estaba facendo era normal.
Palabras textuais entre o colexiado e o Chaparrito:
Chapa – ¡Arbitro!, ¿pero por qué pitas deste xeito?
Resposta do colexiado – Porque a eles (os do Val do Ulla) fanlle máis falta os puntos ca vós que estades abaixo da táboa.
Como vedes, os ladróns non son só os de Marbella, senón que este tipo de partidos onde non se xoga ninguén nada importante hai amaños e dos bos. Agora o noso equipo terá que lidiar e prescindir desta xente que está pendente de que lles chegue a sanción.
Cousas coma estas deberían pasar a termos legais onde se lle abrise un expediente ós colexiados tan claramente comprados polos equipos de arriba, pois a solución a este tipo de partidos pasa por filmar os encontros e logo pasárllelos ó colexio de árbitros de Santiago de Compostela.
Ó final do encontro, polo malestar que deixou este home no Cabo da Cruz tiveron que intervir as forzas de seguridade para protexer ó ¿árbitro?. Agardamos que cousas coma esta non pasen nunca máis, e tamén agardamos por decisión unánime do plantel crucense que este árbitro non nos volte a pitar un encontro nunca máis, pois isto non se pode permitir xogar así sen un marco legal que nos poida amparar.
E sigo dicindo que eu non sei todo realmente como pasou por non quedar ata o final, e agardo que algún dos xogadores que tanto pedían a crónica nos manden a información para poder poñela aquí e que todos saibamos ó que nos enfrontamos cada fin de semana. Podedes contactar connosco na sección de contacto para completar esta crónica.
Finalmente déixovos coa clasificación actual xa cun partido máis que non gañamos ante o Ribasar:

| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A crónica deste partido chegou hoxe ás dependencias de CaboDeCruz.Net por parte dun xogador do p ...
Voltando con máis fútbol, excepcionalmente o sábado pasado xogouse un encontro do noso equipo o ...
Para non saturar de traballo ó noso comentarista deportivo, a crónica deste medio encontro vou f ...
Desta vez o encontro non se puido rematar como é debido por unhas molestias que sufriu o colexia ...
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...



Pingback: Cabo de Cruz B 3 – 4 Ribasar | CaboDeCruz.Net