Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
18

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009 «A UNIÓN»

A Unión

Dende aquí quero facer un chamamento a tódolos veciños e veciñas do Cabo da Cruz:

Pola presente convocámolo/a á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro Sábado 22 de Agosto de 2009, ás 20:00 horas no local de A.M.C. (C/Peirao S/N), co seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Anterior.
2. Presentación das Contas do ano 2008.
3. Últimas xestións realizadas.
4. Rogos e preguntas.

Contamos coa súa asistencia.

Esta é a invitación por parte da nosa Asociación de Veciños «A Unión» para que todos, absolutamente todos asistades a esta asamblea convocada con esta orde do día sinalada arriba. Aclarar tamén que pode acudir calquera, sexa socio ou non, porque o que pase cos cartos e coa asociación é cousa de todos, xa que isto directa ou indirectamente nos afecta ós veciños do Cabo da Cruz. Non se pedirá carnet de socio nin nada. Vai ser un chegar, escoitar, e si se quer opinar ou debatir as cousas que alí se falen. Penso que a túa voz é importante nestas cousas, porque dende aquí estase labrando o futuro da nosa vila.

Tamén quixera facer un chamamento a quen queira formar parte da directiva desta asociación, pois hai falta de persoal que se poida adicar á xestión desta entidade. Se queres contribuir co teu pobo podes facelo desta maneira. Implícate na nosa sociedade, fai algo por ti, polos teus e por todos. Acude, fasnos falta!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: