Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
10

Construcción dos pasos elevados na estrada que une Boiro co Cabo da Cruz

Foto da Voz de Galicia

Foto da Voz de Galicia

Cando se planificou a intención do concello de instalar uns pasos elevados nos pasos de peóns que unen a carretera do Cabo da Cruz ata Boiro, houbo polémicas e diversas opinións sobre si eran moitos os dazaoito que se tiñan previsto para un principio. Porén, agora a decisión final do departamento de urbanismo do concello de Boiro é aportar tan só unha ducia de pasos, dos que non todos estarán no vial que nos pode afectar ós crucenses para chegar ó nucleo urbano, que serán nada máis ca seis.

Polo momento, xa temos tres construidos, que están: un no ambulatorio, outro nos semáforos da entrada a Boiro e outro en frente do novo centro social do Cabo da Cruz. Foron postos deste xeito, porque a interrupción do tráfico era menor nestes puntos estratéxicos, pero de agora en diante as novas obras faranse a través dun semáforo de obra para ter o menor impacto no tráfico rodado.

O paso que está en frente do polideportivo de Barraña será a vindeira obra a acometer deste tipo, e tamén outro paso que está próximo ó polideportivo terá a súa intervención en breve. Isto faise máis que nada para favorecer cousas coma que se atropelen menos xente nos pasos de cebra, para reducir as velocidades excesivas no vial e tamén para que a xente con cadeiras de rodas ou carros non teña que facer un esforzo excesivo á hora de cruzar a rúa tendo que baixar ou aceras.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: